Cicatriz (grupo musical)

(Redirección desde «Cicatriz (banda)»)

Cicatriz foi un grupo musical vitoriano (Áraba, País Vasco), primeiramente chamado Cicatriz en la matriz, acurtando máis tarde o seu nome a Cicatriz, encaixado na época do Rock radical vasco, anos 80, encabezado por Nacho Etxebarrieta.

Cicatriz
Cicatriz no gaztetxe de Hondarribia
OrixeVitoria, País Vasco País Vasco
Período1984 - 1994
Xénero(s)Punk (Inadaptados)
Rock Duro-Heavy Metal (os outros dous discos)
MembrosNacho Etxebarrieta
Goar Iñurreta
Pakito Rodrigo
Pedro Landatxe
Antigos membrosPepino
Poti
Manolo
El Pesadillas
Na rede
Spotify: 7f3sBMcnvGfOkHiKmeXtIz Last fm: Cicatriz Musicbrainz: 8e7bfacd-f5b8-4918-98c4-421e80390b61 Songkick: 153341 Discogs: 1119370 Allmusic: mn0001399421 Editar o valor em Wikidata

A súa discografía abrangue 4 álbums, tres deles de estudo e o derradeiro en directo. Os catro membros orixinais faleceron vítimas da SIDA ou por sobredose de heroína.

Historia editar

O grupo formouse en 1983 nun centro de desintoxicación de Vitoria como terapia de grupo.[1][2] Chamáronlle ao grupo Cicatriz en la Matriz, no que cantaban Natxo Etxebarrieta e a súa noiva Poti. Despois duns cambios de formación, o grupo consolidouse con Natxo e Poti como cantantes, Pepino á guitarra, Pakito Rodrigo ao baixo e Pedrito (Pedro Landatxe) á batería, formación coa que gravaron unha maqueta en Pamplona en 1984, con temas que máis tarde recuperarían nos seus álbums oficiais como «Botes de humo», «Cuidado burócratas» ou «Aprieta el gatillo». Ese mesmo ano, Poti deixou o grupo.

En 1985, xa co nome de Cicatriz, gravaron a súa primeira referencia, o chamado «Disco de los cuatro» (Soñua), canda Kortatu, Jotakie e Kontuz-Hi!. Cicatriz contribuíron con tres temas: «Escupe», «Cuidado burócratas» e «Enemigo público» (tamén coñecido como «Aprieta el gatillo»). Cicatriz comezan a ser moi coñecidos no País Vasco grazas á súa actitude en constante provocación e aos seus directos.

1986 foi un bo ano para o grupo. Entraron a gravar o seu primeiro LP nos estudios Elkar (Lasarte), da man de Jean Pocas (membro de Potato) como técnico de son e Josu Zabala (de Hertzainak) como produtor. O resultado foi Inadaptados, un álbum que hoxe en día está considerado como un dos máis importantes do punk en España.[3] Ese ano foron escolleitos como o «mellor grupo en directo» polos lectores do diario Egin.[1]

En 1988 produciuse un acontecemento que paralizou a actividade da banda. Natxo tivo un aparatoso accidente en motocicleta polo que foi operado e do que non se recuperou até pasado algún tempo. Ademais, Natxo foi condenado a catro anos, dous meses e un día de cárcere por narcotráfico, ao atoparlle nun control speed que traía de Holanda. Así, até 1991, non aparece o seu segundo traballo, 4 años, 2 meses y 1 día.

A recuperación de Natxo do accidente non foi total, xa que perdeu mobilidade nas pernas e viuse obrigado a andar axudado de muletas. Ese mesmo ano faleceu Pepino, encontrado morto nun servizo por sobredose de heroína.[3] Pepino foi substituído por Goar Iñurreta. Debido ao accidente de moto, Natxo recibira unha indemnización, diñeiro que fora utilizado para custear a gravación do álbum en Londres e para fundar a súa propia discográfica: Zika Records.

En 1992 apareceu o seu último álbum de estudio, Colgado por ti.

En 1993 faleceu Pakito a causa da sida, enfermidade que tamén contraeran Natxo e Pedrito. Este último xa non puidera participar na última xira do grupo, na que se gravou o seu derradeiro disco: En directo (1994).

Despois de aparecer este, morrerían Pedrito e Natxo, debido á sida.

Membros editar

Outros membros editar

  • La Poti (1983-1984) - Voz
  • Manolo (1983) - Batería
  • El Pescadilla (1983) - Baixo
  • Dieguillo (1994) - Baixo
  • Pedro Rock Dam (1994) - Batería
  • Pepino (José Arteaga) (1984-1988) - Guitarra

Discografía editar

Álbums editar

Discos compartidos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Biografía de Cicatriz[Ligazón morta], en Apunkalipsis Arquivado 17 de maio de 2007 en Wayback Machine., 2006.
  2. Biografía de Cicatriz Arquivado 05 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine., en Esquinas Rotas Arquivado 17 de decembro de 2007 en Wayback Machine..
  3. 3,0 3,1 Babas, Kike e Turrón, Kike: «10 de los discos (probablemente) más influyentes del punk-rock ibérico» Arquivado 11 de marzo de 2007 en Wayback Machine., en Todas las novedades 128: setembro de 2004.

Ligazóns externas editar