Christine Hakim
Herlina Christine Natalia Hakim, nada en Kuala Tungkal o 25 de decembro de 1956, é unha actriz, produtora e activista indonesia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de decembro de 1956 (67 anos) Kuala Tungkal, Indonesia |
Embaixadora de Boa Vontade da UNESCO | |
marzo de 2008 – | |
Datos persoais | |
Residencia | Iacarta |
Grupo étnico | Pobo minangkabau |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Ocupación | actriz, activista, actriz de cinema, produtora, modelo, actriz de televisión |
Período de actividade | 1973 - |
Premios | |
|
Traxectoria
editarHakim naceu na provincia de Jambi en Sumatra, pero creceu en Yogyakarta. A orixe familiar é diversa, con antepasados procedentes de Padang, Aceh, Banten, Pekalongan, Madiun e o Oriente Medio; esa orixe diversa fixo que de nena e adolescente cuestionase a súa identidade[1].
Hakim non tiña intención de ser actriz, pero realizaba traballos como modelo e o director Teguh Kary viuna nunha revista e deulle un papel protagonista no filme de 1973 Cinta Pertama. Polo seu traballo na película recibiu un premio Citra á mellor actriz, o que foi determinante para continuar na profesión[1].
O ano seguinte, Hakim protagonizou outro filme de Karya, Kawin Lari e en 1976 nun filme de Wim Umboh, Sesuatu yang Indah, usou por primeira volta a súa propia voz nun filme; nos filmes anteriores fora Titi Qadarsih quen lle dobrara a voz ao considerarse a súa "dura de máis"[2]. En 1977 protagonizou Badai Pasti Berlalu, a película de Karya con máis éxito comercial[3].
No Festival dos Tres Continentes en novembro de 1983, Hakim presentou 14 filmes indonesios, e ela actuaba na metade deles. Dous anos despois, en 1985, invitárona a acudir ao Festival de Cannes[4].
En 1988 no filme de Eros Djarot Tjoet Nja' Dhien Hakim interpretou a líder da guerrilla aceh Cut Nyak Dhien e a película revelouna como unha das actrices indonesias máis completas[5], e a película fíxose co premio ao mellor filme internacional no Festival de Cannes de 1989[6] e tamén foi a que presentou Indonesia á 62ª edición dos Óscar na categoría de mellor filme en lingua non inglesa aínda que non chegou a ser seleccionada para a final[7]
O seu primeiro traballo como produtora foi o filme Daun di Atas Bantal que tamén protagonizou e que tivo a súa estrea en 1998. Para o filme elixiu un director novo, Garin Nugroho, mais a produción foi laboriosa, xa que nun intento de abaratar os custos do filme Hakim cometeu un erro de principiante, ao non enviarlle ao laboratorio o material ata xuntar un cento de rolos de película o que fixo que non detectaran que a cámara tiña un problema técnico, que podería ser facilmente corrixido de lle enviar os rolos a medida que se ían filmando[1].
A súa seguinte produción foi a película Pasir Berbisik que tamén protagonizou e que se estreou en 2001, sen máis problemas na produción, e que levou premios no Festival do Cinema Asiático de Deauville e no Festival Internacional de Cinema de Singapur[8]. En 2002 estivo no xurado do Festival de Cannes[1] e en 2005 recibiu un tributo especial durante a cerimonia de apertura do Festival do Cinema Asiático de Deauville[9].
A súa primeira experiencia en Hollywood foi en 2010 ao interpretar a Wayan, unha vendedora balinesa de jamu (produtos da medicina tradicional) no filme Eat Pray Love que protagonizou Julia Roberts.
Tamén produciu varios documentais, sobre os lugares Patrimonio da Humanidade de Indonesia, sobre o autismo ou sobre o pobo dayak de Kalimantan.
Activismo
editarA partir dos primeiros anos da década de 2000, Hakim converteuse en activista, en especial no relativo á educación e máis tarde estableceu unha fundación para promover a educación pública sobre o autismo e urxiu ao goberno a eliminar as ideas falsas sobre o autismo e afirmou que o rexetamento a aceptar estudantes autistas nas escolas públicas constituía unha violación dos dereitos humanos[10]. Polo seu activismo no eido da educación en 2008 a UNESCO seleccionouna como embaixadora de boa vontade[11] e como tal meteu presión por reformas educativas no seu país e promoveu a creación de programas de axuda contra das catástrofes no sueste asiático.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Webb, Cynthia (8 de decembro de 2010). "Christine Hakim: Going where life leads her". The Jakarta Post.
- ↑ "Trend Setter Eksentrik yang Serbabisa". Harian Nasional. 23 de outubro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2020. Consultado o 04 de outubro de 2020.
- ↑ Irwansyah, Ade (23 de abril de 2010). "25 film Indonesia Terbaik Sepanjang Masa - 1-5". Tabloid Bintang. Archived from the original on 24 de marzo de 2012. Consultado o 04 de outubro de 2020.
- ↑ Purwanti, Tenni. "Nostalgia Christine Hakim Jadi Juri Festival Film Cannes". Pesona.
- ↑ Mardiyah Chamim (coord.) (2011). Menjadi Indonesia. Surat dari & untuk pemimpin. TEMPO. p. 183.
- ↑ Siapno, Jacqueline Aquino (2006). Gender, Islam, nationalism and the state of Aceh. London: Routledge. p. 25.
- ↑ "Upaya Indonesia Mencari Peluang". Suara Pembaruan Daily. 22 de novembro de 2011. Archived from the original on 13 de outubro de 2008. Consultado o 05 de outubro de 2020.
- ↑ Akhyari Hananto (24 de maio de 2012). "Ehm! Indonesia's Beauty at the French Riviera". Good News from Indonesia.
- ↑ "Press Kit-16
eFestival du film asiatique de Deauville" (PDF). deauvilleasia.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de febreiro de 2021. Consultado o 04 de outubro de 2020. - ↑ Prodita Sabarine (13 de abril de 2011). "A Beautiful Mind". The Jakarta Post.
- ↑ "Christine Hakim". UNESCO.