Christianorum regnum

A denominación en latín de Christianorum regnum que significa literalmente "reino dos cristiáns", foi a máis común para referirse ao dominio dos reis cristiáns na Galicia altomedieval entre os séculos VIII e X.

Causas

editar

Se ben o nome "reino dos cristiáns" semella na actualidade demasiado ambiguo para referirse a un único reino medieval europeo, esta denominación acuñouse por dous motivos principais. Por unha banda, determinaba o contrapeso contra o veciño Estado musulmán, o Emirato de Córdoba, marcando o carácter "cristián" dos novos reis galaicos independentes, e tentando con isto atraer a atención dos mozárabes en Spania. Por outra parte, o feito de que a Galicia altomedieval non estivese unificada baixo un único monarca, precisaba dun elemento aglutinador -a relixión- capaz de convencer os aristócratas da antiga Gallaecia para que se unisen ao proxecto de restauración monárquica.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar