Chonchi

Chonchi é unha comuna chilena da X Rexión dos Lagos, localizada na Illa Grande de Chiloé. A súa capital é o pobo homónimo, fundado como San Carlos de Chonchi o 3 de agosto de 1767. No censo do ano 2002 a comuna tiña 12.572 habitantes, dos cales un 36,5% habitaba o sector urbano.

Chonchi
Escudo Chonchi.png
Chile Chiloe Island.png
Chonchi.JPG
Localización
Comuna Chonchi.png
PaísChile Chile
RexiónLos Lagos
ProvinciaChiloé
Xeografía
Superficie1.362 km²
Demografía
Poboación12.572 hab. (2002)
Densidade9,2 hab./km²
XentilicioChonchino/a
Outros datos
AlcaldePedro Andrade Oyarzún (2009-2012)

A comuna limita polo norte con Castro e polo sur con Queilen e Quellón. A única illa menor que posúe é o illote de Linlinao. Dentro da comuna está Cucao, que é o único poboado na costa occidental da Illa Grande e a entrada ao Parque Nacional Chiloé. Entre Cucao e Chonchi, está o lago dobre Huillinco-Cucao e xunto a el, o pobo lacustre de Huillinco.

O pobo de Chonchi é chamado Cidade dos Tres Pisos, pois está construído sobre tres socalcos naturais. A súa igrexa de madeira é unha das 16 do Arquipélago que foron declaradas Patrimonio da Humanidade. Dentro da comuna, a outra igrexa que posúe esta categoría é a de Vilupulli, coñecida pola súa esvelta torre. Tamén hai grandes casas de madeira construídas a principios do século XX durante o auxe da explotación do ciprés das Guaitecas. O fortín Tauco é unha batería en ruínas que defendía a entrada a Castro durante a Colonia, pero nunca chegou a usarse.

Roscas chonchinas.

Dúas receitas típicas da cociña chonchina son o licor de ouro, feito de leite, azafrán e ovo, e as roscas chonchinas, que logo de ferver unha masa, fanse no forno.