Quellón é unha comuna da X Rexión dos Lagos de Chile, localizada no extremo sur da Illa Grande de Chiloé. É a comuna máis grande da provincia de Chiloé e a súa capital é a cidade de Quellón.

Modelo:Xeografía políticaQuellón
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°06′S 73°36′O / -43.1, -73.6
EstadoChile
RexiónRexión de Los Lagos
ProvinciaProvincia de Chiloé Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie3.244 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude5 m Editar o valor en Wikidata
Creación1905 Editar o valor en Wikidata

Sitio webmuniquellon.cl Editar o valor en Wikidata

Actualmente é o principal porto da Illa de Chiloé, sendo a base da súa economía a industria salmoneira e a extracción de produtos do mar. Á cidade de Quellón pode chegarse a través da Estrada Panamericana, que finaliza uns quilómetros despois de pasar a cidade, no balneario Punta de Lapas.

Etimoloxía

editar

O seu nome podería provir da palabra mapudungun lon, que é o nome que recibe o arbusto chamado maqui en español. Outra posibilidade é que proceda dalgunha palabra relacionada con kellun, "axudar" e así, en moitas obras que recollen etimoloxías de topónimos chilenos, indícase que a tradución de Quellón sería "lugar de auxilio".

Xeografía

editar

O territorio da comuna está no extremo sur da Illa Grande de Chiloé e abarca arredor dunha terceira parte da superficie insular, aínda que a poboación é escasa, pois a maior parte do terreo está cuberto de bosques moi densos e hai propiedades de gran tamaño, como o Parque Tantauco. Á parte de Quellón, onde residen a maior parte dos habitantes da comuna, atópanse os casaríos de Compu, Huildad, Chadmo, Coínco e Yaldad, como o asentamento de Inío, na desembocadura do río do mesmo nome, na costa sur da illa e sen vías de comunicación terrestre. Ademais pertencen á comuna as illas do grupo Cailín, Cailín, Coldita e Laitec; San Pedro, Guafo e as illas deshabitadas do grupo Esmeralda e do grupo Quilán.

Historia

editar

A zona estivo habitada por indíxenas chonos e posteriormente por payos. A finais da época colonial, entregáronse títulos reguengos a varios caciques huilliches que habitaban a zona.

O pobo de Quellón foi fundado en 1905 pola Compañía Destilatoria Quellón, que extraía alcohol da madeira dos extensos bosques existentes na época. Durante moitos anos estivo illado do resto da illa, comunicándose só por vía marítima. Mais desde hai máis de 40 anos quedou conectado co resto de América a través da Estrada Panamericana, transformándose, precisamente, no seu punto máis austral.

Véxase tamén

editar