Cholet (arquitectura)
estilo arquitectónico andino desenvolvido en Bolivia
O cholet é un estilo arquitectónico andino desenvolvido en Bolivia, no seo da coñecida como Nova arquitectura andina.[1][2] Con máis de 60 proxectos construídos na cidade boliviana de El Alto,[2][3] este tipo de construción comezou a aparecer na zona norte da Paz, e en Cochabamba, facéndose moi frecuente na cidade de El Alto, sendo moitos deles deseños do arquitecto Freddy Mamani.
O termo foi orixinado pola combinación das palabras "cholo" e chalé.[4]
É unha construción coas características dun edificio de 3 a 7 niveis destinados a usos comerciais ou vivendas e na última planta é construído un chalé. O cholet é xeralmente habitado polo propietario do inmoble.
Notas
editar- ↑ Jeanne Kim. "Bolivia’s “spaceship architecture” showcases the new wealth of indigenous people".
- ↑ 2,0 2,1 Nicolás Valencia. "Freddy Mamani y el surgimiento de una nueva arquitectura andina en Bolivia".
- ↑ Elisabetta Andreoli. "Party Halls in El Alto, Bolivia by Freddy Mamani Silvestre".
- ↑ "'Cholets', la nueva arquitectura boliviana, símbolo de la opulencia aymara".
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cholet |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Coñece o “cholet”, a mansión dos novos ricos bolivianos Arquivado 23 de outubro de 2016 en Wayback Machine. Consultado o 21 de xuño de 2014 (en castelán)