O chipset é o conxunto de chips que integran a placa base dun ordenador. Nos sistemas de tipo Pentium fan referencia a dous chips, o northbridge e o southbridge.

Diagrama do chipset dunha placa base.

Algunhas das funcións lóxicas que adoita integrar son:

  • Soporte para o microprocesador.
  • Controlador de memoria para xestionar a memoria RAM e os diferentes niveis de memoria caché.
  • Control dos periféricos e do bus de entrada e saída.
  • Controlador dos dispositivos de almacenamento que cumprar co estándar IDE/ATAPI.
  • Controlador de Acceso Directo á Memoria.
  • Controlador de teclado.

Intel é o principal fabricante de chipsets, entre os outros fabricantes están VIA Tecnologies, AMD, SiS, Acer ou NVIDIA.