Chimichagua

concello do departamento de Cesar, Colombia

Chimichagua é unha poboación e concello colombiano do departamento de Cesar. Chimichagua atópase na rexión Caribe de Colombia. Limita polo norte co concello de Astrea, polo sur cos concellos de Pailitas e Tamalameque, polo leste cos concellos de Curumaní, Chiriguaná e El Carmen (Norte de Santander) e polo oeste co concello de El Banco no departamento de Magdalena.

Modelo:Xeografía políticaChimichagua

Localización
Mapa
 9°15′28″N 73°48′48″O / 9.2578, -73.8133Coordenadas: 9°15′28″N 73°48′48″O / 9.2578, -73.8133
EstadoColombia
DepartamentosCesar Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación30.303 Editar o valor em Wikidata (19,33 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.568 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude49 m Editar o valor em Wikidata

Páxina webchimichagua-cesar.gov.co… Editar o valor em Wikidata

No concello de Chimichagua salienta a economía informal coa pesca artesá como principal actividade económica, principalmente na cabeceira municipal e nos correxementos de Candelaria, Saloa, Sampegua, La Mata e algunhas vereas. A agricultura e a gandería constitúen o segundo factor de ingresos.

Etimoloxía editar

Chimichagua era o nome do cacique chimila que habitaba a área durante a conquista dos españois. Chimichagua ou Chiminigagua é o nome da deidade suprema dos muiscas. Os muiscas e os chimilas son dous pobos que pertencen á mesma familia lingüística, a das linguas chibchas.[1]

Notas editar

  1. (en castelán) Cesar 30 Años de Progreso – Gobernación del Cesar (1997). Page 25

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar