Chilares

piragüista galego

Ángel Villar Varela, máis coñecido como Chilares, nado o 16 de setembro de 1946, é un piragüista galego. Participou nos Xogos Olímpicos de 1968 na Cidade de México.

Infotaula de personaChilares
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1949 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura185 cm Editar o valor em Wikidata
Peso85 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportepiragüismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
1968Xogos Olímpicos de 1968 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a practicar piragüismo de neno, ao probar unha piragua de madeira feita por un carpinteiro da Tinería, amigo de seu avó.[1] Pouco despois entrou no Club Fluvial de Lugo.[2] Foi campión de Galicia e campión de España e en 1967 gañou tanto o Descenso Internacional do Miño como a primeira edición do Descenso do Eume, facendo parella en ambos casos con Manuel Pérez.[1]

Ao ano seguinte, con 22 anos, participou nos Xogos Olímpicos de 1968 en Cidade de México.[3] Fíxoo na proba de K4 1000 metros, formando equipo co ribadense Pedro Cuesta, o sevillano Gerardo López e o madrileño José Perurena, pero non conseguiron meterse nas semifinais.[4]

Tralos Xogos continuou gañando diferentes probas como o Descenso Internacional do Miño, que gañou por segunda vez en 1971, xunto a Pedro Cuesta, ou o Descenso Internacional do Sella, no que logrou a vitoria en 1985 xunto a Ramos Misioné.[5] En 1992 gañou a 25ª edición do Descenso do Eume, un cuarto de século despois de gañar a edición inaugural, e no 2017 disputou tamén a 50ª edición, xunto a Tito Valledor.[1] En 2019 proclamouse en Sevilla campión de España de veteranos.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 de Cora, José (22 de outubro de 2019). "Ángel Villar Varela". El Progreso (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2021. 
  2. Bran, Vanesa (12 de abril de 2019). "Nacido para remar". El Progreso (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2021. 
  3. "Nueve gallegos en la Olimpiada". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de outubro de 1968. p. 16. 
  4. "Resultados Cidade de México 1968" (PDF). la84foundation.org (en inglés). pp. 203–204. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2020. Consultado o 13 de agosto de 2021. 
  5. Bango, Mario (4 de agosto de 1985). "Misioné y Chilares ganan el descenso del Sella". El País (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2021.