Chihuahua de pelo curto

O chihuahua é un can de compañía orixinario de México. É quizabes un dos cans de compañía máis famosos do mundo, dado o seu pequeno tamaño e escasas necesidades. Tamén é considerado como un excelente can de garda e alerta, xa que está sempre vixiante e ladra ao menor ruído.

OrixeEditar

Nun inicio pensouse que fora introducido en América polos conquistadores europeos. Mesmo houbo quen expresou que proviña de China. Foron os achados de relevos de pequenos cans, en templos toltecas e de esqueletos diminutos atopados nas escavacións os que permitiron considerar que os actuais chihuahuas son descendentes dos pequenos cans sacros dos aztecas e toltecas.

DescriciónEditar

Ao Chihuahua coñéceselle como o can máis pequeno do mundo. É un can inquedo e moi valente, de corpo compacto. A súa lonxitude é lixeiramente maior cá altura á cruz. Ten a cabeza redondeada, en forma de mazá. A depresión fronto-nasal ben marcada afundida e ancha, a consecuencia da fronte abombada sobre a inserción do curto fociño. As súas orellas son grandes, erectas e despregadas; anchas na súa base, redúcense gradualmente ata terminar lixeiramente redondeadas na punta. A cola é bastante longa, de implantación alta, ancha na súa base reducíndose gradualmente cara á punta. O corpo longo, o seu peso non debe superar os tres quilos.

 
Chihuahua de pelo longo

VariedadesEditar

Existen dúas variedades nesta raza.

  • Variedade de pelo curto.
  • Variedade de pelo longo.