Chernobyl (miniserie)

miniserie de 2019

Chernobyl é unha miniserie de televisión de drama histórico creada e escrita por Craig Mazin e dirixida por Johan Renck para HBO. A serie céntrase no desastre nuclear de Chernóbil que ocorreu en abril de 1986 e os esforzos de limpeza sen precedentes que o seguiron. Producida por HBO en asociación con Sky UK, conta cun elenco liderado por Jared Harris, Stellan Skarsgård e Emily Watson.

Chernobyl
Creado porCraig Mazin
Desenvolvido por
  • Sister Pictures
  • The Mighty Mint
  • Word Games
Dirixido porJohan Renck
Intérpretes
Tema de aperturaHildur Guðnadóttir
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
Lingua(s)Inglés
Temporadas1
Episodios5
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Localización(s)Lituania e Ucraína
CámaraUnha cámara
Duración60–72 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixeHBO
Primeiro episodio6 de maio de 2019
Derradeiro episodio3 de xuño de 2019
Na rede
https://www.hbo.com/chernobyl
IMDB: tt7366338 Filmaffinity: 624827 Allocine: 22429 Rottentomatoes: tv/chernobyl Allmovie: v716878 Metacritic: tv/chernobyl TV.com: shows/chernobyl
Facebook: chernobylminiseries Netlix: 81104911Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A serie emitiuse en cinco partes nos Estados Unidos de América o 6 de maio de 2019 e foi aclamada pola crítica. Nos Premios Primetime Emmy, recibiu seis nomeamentos, incluíndo a de mellor miniserie e mellores actuacións para Harris, Skarsgård e Watson.

Sinopse editar

Chernobyl dramatiza "a verdadeira historia dunha das peores catástrofes provocadas polo home e fala dos valentes homes e mulleres que se sacrificaron para salvar a Europa dun desastre inimaxinable. A miniserie céntrase no desgarrador alcance do desastre da planta nuclear que ocorreu en Ucraína en abril de 1986, revelando cómo e por que ocorreu, ademais contando as sorprendentes e notables historias dos heroes que loitaron e caeron".[1]

Elenco editar

Produción editar

Desenvolvemento editar

O 26 de xullo de 2017, anunciouse que HBO encargou a serie Chernobyl, a súa primeira coprodución con Sky Television. A miniserie de cinco episodios foi escrita por Craig Mazin e dirixida por Johan Renck. Mazin tamén exerceu como produtor executivo xunto con Carolyn Strauss e Jane Featherstone, con Chris Fry e Renck actuando como produtores co-executivos.[1][2]

O 11 de marzo de 2019, anunciouse que a miniserie se estrearía o 6 de maio de 2019.[3]

Casting editar

Simultaneamente co anuncio da serie, confirmouse que Jared Harris protagonizaría a mesma.[2] O 19 de marzo de 2018, anunciouse que Stellan Skarsgård e Emily Watson se unirían ao elenco principal.[4] En maio de 2019, anunciouse que Paul Ritter, Jessie Buckley, Adrian Rawlins e Con O'Neill tamén se uniron ao elenco.[5]

Rodaxe editar

A fotografía principal comezou en abril de 2018 en Lituania.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar