Chema Alonso
- Non confundir con Chefa Alonso, saxofonista e compositora galega.
José María Alonso Cebián, popularmente coñecido como Chema Alonso, nado en Madrid en 1975, é un executivo, hacker e experto en ciberseguridade español.[1]
Chema Alonso | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | José María Alonso Cebián |
Nacemento | 1975 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Politécnica de Madrid e Universidade Rei Xoán Carlos |
Ocupación | Chief Data Officer (CDO) |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
En 1999 comezou a traballar como consultor de seguridade na empresa Informática 64, de seguridade informática, que finalmente dirixiu. Desde 2009 dirixe tamén o máster de Seguridade de Información da Universidade Europea de Madrid.
En 2005 a multinacional Microsoft concedeulle o prestixioso galardón Microsoft MVP (Microsoft Most Valuable Professional) na área de seguridade corporativa.[2]
Alonso incorporouse á multinacional Telefónica en 2013 ao realizarse a compra de Informática 64, adquirida co nome de ElevenPaths e da cal é director executivo. En Telefónica ocupa tamén o cargo de CDO (Chief Data Officer) desde 2016. Na empresa é responsable, entre outros, da ciberseguridade global e da seguridade dos datos.[3]
Compaxinou o seu traballo coa publicación de varios libros, así como con participacións periódicas sobre ciberseguridade en medios de comunicación tales como a cadea de emisoras COPE (programa "Las Mañanas") e laSexta.[4]
FormaciónEditar
Alonso é enxeñeiro Informático pola Universidade Rey Juan Carlos e enxeñeiro informático de sistemas pola Universidade Politécnica de Madrid, onde foi distinguido como Embaixador Honorífico da Escola Universitaria de Informática en 2012.[5] Fixo o doutoramento en Seguridade Informática na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid.
HackerEditar
Alonso é considerado un dos maiores hackers de España, pero sen connotacións negativas, dado que na súa opinión un hacker non necesariamente debe asociarse á ciberdelincuencia.[6] Isto vén corroborado polas súas numerosas participacións en múltiples conferencias nacionais e internacionais de ciberseguridade, das que destacan BlackHat e DEF CON (nesta última é o español que máis veces participou).[7]
NotasEditar
- ↑ "Equipo directivo: Chema Alonso". telefonica.com.
- ↑ "Chema Alonso – Hacker – MVP Microsoft".
- ↑ "Trayectoria profesional". LinkedIn.[Ligazón morta]
- ↑ "Chema Alonso, el «hacker» que puso en boca de todos la ciberseguridad". ABC.
- ↑ "Chema Alonso, embajador de la EUI". UPM.
- ↑ "Chema Alonso, entrevista en Forbes". Forbes.
- ↑ "DEFCON 19 Speakers". DEFCON.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chema Alonso |