Chelsea Manning

Chelsea Elizabeth Manning, nada co nome de Bradley Edward Manning en Oklahoma o 17 de decembro de 1987, é unha exsoldado do Exército dos Estados Unidos de América.

Chelsea Elizabeth Manning
Chelsea Manning on 18 May 2017.jpg
Chelsea Manning en maio de 2017
Nome completoBradley Edward Manning
Nacemento17 de decembro de 1987 (33 anos)
Lugar de nacementoCrescent, Oklahoma, Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeFlag of the United States.svg estadounidense
Relixiónateísmo
Alma máterTasker-Milward V.C. School e Montgomery College
Ocupaciónsoldado
PremiosSeán MacBride Peace Prize, Sam Adams Award, Whistleblower Prize e EFF Pioneer Award
Chelsea Manning.png
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi detida e procesada por acceso e difusión de informacións secretas, incluídas probas apuntando a crimes de guerra dos EUA.[1] A detención fíxose en maio de 2010, mentres servía ás tropas estadounidenses en Iraq. Foi condenada en xullo de 2013 por violacións da Lei de Espionaxe e outros delitos, despois de filtrar documentos restrinxidos ao público. Manning foi condenada a 35 anos de prisión e unha dispensa deshonrosa, porén, con crédito para o tempo de servizo e bo comportamento podería ser posta en liberdade condicional tras oito anos. Foi posta en liberdade o 17 de maio de 2017.[2] Na súa posta en liberdade interviu un indulto parcial de Barack Obama. A súa filtración parece ser a clave para o mandato de detención de Julian Assange en 2019.[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Ugarte, Iñigo Sáenz de. "Por qué EEUU persigue a Julian Assange (y no tiene que ver con la clave secreta de un ordenador)". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-04-16. 
  2. Chelsea Manning [@xychelsea] (17 de maio de 2017). "First steps of freedom!! 😄" (Chío) (en inglés). Consultado o 18/05/2017 – vía Twitter. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar