Chave inglesa

A chave inglesa é unha ferramenta ou trebello empregado para afrouxar ou axustar roscas e parafusos. A abertura da chave inglesa é axustábel (posúe unha cabeza móbil), o que lle permite adaptarse a diferentes medidas de parafusos; é esta a principal característica deste utensilio, que marca a diferenza coas chaves comúns, as cales posúen un tamaño fixo.

Chave inglesa convencional

Existen moitas formas de "chave inglesa", dende chaves afirmadas mediante cuña, as cales precisan dun martelo para axustar a cabeza móbil, até as modernas que se axustan mediante rosca.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.