Charlie Palmieri
músico portorriqueño
Carlos Manuel Palmieri, coñecido como Charlie Palmieri, nado o 21 de novembro de 1927 en Nova York e finado o 12 de setembro de 1988, foi un pianista e director de orquestra estadounidense de orixe portorriqueña.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de novembro de 1927 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 12 de setembro de 1988 (60 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Escola Juilliard |
Actividade | |
Ocupación | líder de banda , director de orquestra , compositor , pianista |
Xénero artístico | Música de Porto Rico (pt) |
Instrumento | Piano |
Selo discográfico | United Artists Records |
Charlie era o irmán máis vello do tamén músico Eddie Palmieri, traballou con grandes da escena da salsa e do jazz latino como Tito Puente, Celia Cruz, Ray Barretto ou Pupi Campo. Na década de 1970 tivo éxito como director musical do programa de televisión de Tito Puente. Era coñecido como o "Xigante dos teclados"[1]. En 1988 foi visto como músico na película "Salsa".
Notas
editar- ↑ Larkin, Colin (1992). The Guinness Encyclopedia of Popular Music (First ed.). Guinness Publishing. ISBN 0-85112-939-0.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Charlie Palmieri na Internet Movie Database (inglés)
- Charlie Palmieri. A Giant Step (álbum completo en YouTube)