Charlie Airlines, operando como Cyprus Airways, é unha aeroliña chipriota baseada no aeroporto de Larnaca. A compañía colleu o seu nome da quebrada Cyprus Airways despois de gañar os dereitos para poder usalo.[1] O logotipo da aeroliña incorpora unha póla de olivo, o principal símbolo de Chipre.

Charlie Airlines
IATA
CY
OACI
CYP
Indicativo
CYPRUS
Fundación2016
Inicio das operacións1 de xuño de 2017
Aeroporto principalaeroporto de Larnaca
Frota2
Destinos10
Páxina web: https://www.cyprusairways.com

Historia editar

No ano 2016 anunciouse que S7 Airlines planeaba lanzar unha aeroliña chipriota co nome Charlie Airlines. No mes de xullo anunciouse que a compañía gañara unha compatición polos dereitos de uso da marca Cyprus Airways durante unha década.[2]

O 4 de marzo de 2017 a aeroliña realizou o seu voo de proba dende o aeroporto de Larnaca ao aeroporto de Heraclión cun Airbus A319, como parte do procedemento para obter o seu certificado de operador.[3]

O 14 de marzo de 2017 anunciouse que a aeroliña obtivera o seu certificado de operador aéreo do Departamento de Aviación Civil de Chipre.[4]

Frota editar

En maio de 2018 a frota de Charlie Airlines estaba formada polos seguintes avións:[5]

Frota de Charlie Airlines
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Airbus A319-100 2 144[6]
Total 2

Notas editar

  1. Cyprus Mail (ed.). "Cyprus Airways reborn". Consultado o 4 de xuño de 2018. 
  2. Alternative Airlines (ed.). "S7 Airlines launches new airline in Cyprus, Charlie Airlines". Consultado o 4 de xuño de 2018. 
  3. Gold News (ed.). "Cyprus Airways Receives Air Operator Certificate". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2017. Consultado o 4 de xuño de 2018. 
  4. ch-aviation (ed.). "Cyprus Airways 2.0 secures AOC; sets sights on its ASL". Consultado o 4 de xuño de 2018. 
  5. Planespotters (ed.). "Cyprus Airways Fleet Details and History". Consultado o 4 de xuño de 2018. 
  6. Cyprus Airways (ed.). "Our fleet". Consultado o 4 de xuño de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar