Charles L. Veach

astronauta estadounidense
(Redirección desde «Charles Veach»)

Charles Lacy Veach, nado en Chicago, Illinois, o 18 de setembro de 1944, e finado o 3 de outubro de 1995, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-39 e STS-52.[1][2]

Charles L. Veach
Datos persoais
Nacemento18 de setembro de 1944
LugarChicago
Falecemento3 de outubro de 1995
Actividade
MisiónsSTS-39 e STS-52
Tempo no espazo18,18 días
PremiosCruz de Voo Distinguido, Purple Heart e Medalla do Aire
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Veach graduouse en enxeñaría pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1966. Foi seleccionado como candidato a astronauta pola NASA en maio de 1984, completando o seu adestramento en xuño de 1985. Participou nas misións STS-39 e STS-52, pasando 18,18 días no espazo.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Veach, Charles Lacy" (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 NASA, ed. (outubro de 1995). "CHARLES LACY VEACH (MR.) NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar