Chanchada
Chanchada, en arte, é o espectáculo de filme ou comedia musical con humor inxenuo e popular, sendo unha adaptación brasileira do xénero internacionalmente coñecido como burlesco.
Historia
editarAs chanchadas foron comúns no Brasil entre os anos 30 e 60, coa samba e o Entroido como pano de fondo[1] [2]
Termo
editarO termo chanchada xurdiu para designar as películas brasileiras na década de 1930. Varias teses de críticos como Jean Claude Bernadet, Ana Cláudia Zacco ou Guilherme Heffner amplían esta fase, situando o inicio en 1908 -coa aparición da primeira película de ficción, Nhô Anastácio Chega de Viagem- e o final a mediados dos anos sesenta, cos últimos intentos de chanchada. Outros consideran o movemento 'chanchada' desde 1929, coa primeira película sonora -a comedia Os otários rematados, de Luiz de Barros- até mediados dos anos sesenta pola incursión do Cinema Novo e a abolición definitiva das comedias inxenuas e carnavalescas. Tamén hai terceiros que só inclúen as películas de Atlântida do primeiro 'concepto ideal de chanchada' - o musical Carnaval no Fogo, 1949. E o seu remate co último musical da compañía, Garotas e Samba, 1957.
Primeira metade do século XX
editarA produtora carioca Atlântida Cinematográfica descubriu nas películas de temática carnavalesca un negocio capaz de ter moito éxito entre o público do Brasil. Sen dúbida, foi a maior responsábel do éxito das chanchadas e a pioneira en adoptar os temas do entroido en forma de musicais.
Segunda parte do século XX
editarDespois do esgotamento da fórmula que utilizaba os temas do entroido, Atlântida comezou a adoptar argumentos, tramas e situacións máis complexas e heteroxéneas. É neste período, entre os anos 50 e 60, cando as películas adquiren maior empatía co público e Atlantis vive o seu auxe. O Brasil daquela era dependente da cultura norteamericana, que xerou actitudes colonizadas por parte dos produtores, do público e da crítica. Deste xeito, as chanchadas baséanse na parodia do cine estadounidense para atraer ao público.
Aínda que as producións foron feitas a partir de caricaturas e manierismos americanos, engadíronse temas propios da vida cotiá nacional, como as típicas anécdotas cariocas e o xeito retranqueiro e malicioso de falar e comportarse no Brasil. O resultado foron producións xenuinamente brasileiras, que puideron encher as salas de cine durante moito tempo.
Coa liberación dos costumes comezaron a producirse a principios dos anos 70 as chamadas Pornochanchadas, inspiradas nas comedias italianas e nas películas eróticas europeas.
Notas
editar- ↑ Cinema Musical Brasileiro: Dos filmes cantantes ao ciclo das Chanchadas Arquivado 13 de maio de 2014 en Wayback Machine. (en portugués)
- ↑ "O que eram as chanchadas?". Super (en portugués). Consultado o 2022-07-09.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chanchada |