Ceviana
Unha ceviana é un segmento de recta que une un vértice dun triángulo co lado oposto a este. Tamén se denomina transversal angular.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ad/Stewarts_thm.png/220px-Stewarts_thm.png)
Son exemplos de cevianas a mediana, a altura, e a bisectriz, como rectas notables dun triángulo.
O nome de ceviana foi introducido por M.A. Poulain, na honra de Giovanni Ceva, quen en 1678 formulara o teorema que leva o seu nome, Teorema de Ceva, publicándoo no seu artigo De lineis rectis se invicem secantibus statica constructio. Este teorema dá a condición necesaria e suficiente para que tres cevianas sexan concorrentes.[1]
![Tres cevianas concorrentes.](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c7/Ceva%27s_theorem_1.svg/300px-Ceva%27s_theorem_1.svg.png)
Notas
editar- ↑ Teorema de Ceva Arquivado 13 de decembro de 2009 en Wayback Machine.(en castelán)