A bisectriz, nun ángulo ABC con vértice en A, é o lugar xeométrico (conxunto) dos puntos que equidistan das dúas rectas que forman o ángulo: todos os puntos da bisectriz teñen a mesma distancia ata AB que ata AC. Dada esta definición, o propio vértice A sempre pertence á bisectriz.

Construción gráfica dunha bisectriz con regra e compás

Graficamente calcúlase cun compás, determinándose a mediatriz entre dous puntos M e N das rectas que estean á mesma distancia do vértice A (en realidade a mediatriz pode calcularse só cun punto auxiliar, xa que o vértice A tamén determina a bisectriz).