Ceriantarios

Ceriantarios
Ceriantharia
Ceriantharia.jpg
Cerianthus membranaceus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Cnidaria
Clase: Anthozoa
Subclase: Ceriantharia
Perrier, 1893
Ordes
Véxase o texto

A dos ceriantarios (Ceriantharia) e unha subclase de cnidarios antozoos,[1] unha das tres en que se divide esta clase.[2]

Son animais exclusivamente mariños moi similares ás anemones de mar, aínda que estas pertecen á orde dos actiniarios, da subclase dos hexacoraliarios.

A suborde comprende aproximadamente 100 especies, aínda que o número de xéneros non está claro, habendo actualmente división de criterios entre os especialistas.[3]

TaxonomíaEditar

DescriciónEditar

A subclase foi descrita en 1893 polo naturalista, zoólogo e botánico francés Edmond Perrier.[1]

OrdesEditar

A subclase comprende as dúas ordes seguintes:[1]

CaracterísticasEditar

Son pólipos solitarios, alongados e de corpo brando. Teñen un anel de tentáculos curtos rodeando a boca, ademais do anel ou aneis exteriores de tentáculos, tan comúns nos hexacoraliarios.

Son escavadores e utilizan os músculos da columna para penetraren no substrato. Producen unha especie de tubo flexíbel que segrega un mucus que recobre a columna. En dito mucus adhírense partículas de area, dándolles rixidez para mantérense verticais, cos seus tentáculos orientados cara as correntes da auga na espera das súas presas.

GaleríaEditar

NotasEditar

Váxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Daly, M. et. al, (2007): "The phylum Cnidaria: A review of phylogenetic patterns and diversity 300 years after Linnaeus". Zootaxa 1668: 127-182.
  • Molodtsova, T. & Stampar, S. N. (2020): World list of Ceriantharia . En: Species 2000 & ITIS Catalogue of Life.

Outros artigosEditar