Centro recreativo y cultural Hijos de Buján

asociación da diáspora galega en Buenos Aires

O Centro recreativo y cultural Hijos de Buján é unha asociación sen fins de lucro de galegos orixinarios do actual concello de Val do Dubra, os seus descendentes e os seus amigos na cidade de Buenos Aires, Arxentina.

Centro recreativo y cultural Hijos de Buján
Tipoasociación
Data de fundación1924
SedeBuenos Aires
PaísArxentina
34°37′57″S 58°23′18″O / -34.632431723979, -58.38821356419
Na rede
Facebook: hijosdebujan Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Localización

editar

A súa sede encóntrase na rúa Rondeau, no barrio de Constitución, na Cidade de Bos Aires.

Historia

editar

Dende os primeiros anos do século XX xurdiu a necesidade dos veciños de Val do Dubra na República Arxentina de reunirse para xerar unha actividade cooperativa e sinérxica. Polo cal crearon en 1924 a "Sociedad Hijos y descendientes del Ayuntamiento de Bujan", que xa en 1929 contaría con cen socios.

En 1955 adquiren un predio na rúa Rondeau que foron modificando co correr do tempo.

O seu nome

editar

O nome do centro "Hijos de Buján" fai referencia a denominación anterior do concello, que dende 1835 recibiu o nome de Buxán (unha das parroquias do actual concello -Buxán-) ata que en 1960 cambiou ao actual de Val do Dubra.

Actualidade

editar

O Centro está presidido por Jesús Rodríguez, en funcións ata o ano 2010. Forma parte de numerosas asociacións de orixe galega na República Arxentina.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar