Central nuclear de Trillo
A central nuclear de Trillo é unha central nuclear española situada no enclave de Cerrillo Alto, no concello de Trillo (Guadalaxara). Está situada xunto ao río Texo.
Dispón dun reactor de auga a presión (PWR) cunha potencia instalada de 1.066 MWe. O seu reactor pertence á chamada terceira xeración de reactores.
O seu axuste á rede deuse o 23 de maio de 1988 sendo a última central nuclear en entrar en funcionamento en España. O 22 de abril de 2013 alcanzáronse os 200 GWh de produción acumulada.
Está operada pola sociedade Centrales Nucleares Almaraz-Trillo (CNAT), que xestiona tamén a Central nuclear de Almaraz, participada por Iberdrola (48%), Unión Fenosa (34,5%), Hidroeléctrica del Cantábrico - EDP(15,5%) e Nuclenor (2%).[1]
Notas
editar- ↑ "CNA: Empresas propietarias.". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2011. Consultado o 02 de abril de 2016.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Central nuclear de Trillo |
- Sitio web da Central Nuclear de Trillo Arquivado 24 de abril de 2016 en Wayback Machine.