Central nuclear de Cofrentes

Coordenadas: 39°13′00″N 1°03′00″O / 39.21666667, -1.05

A Central nuclear de Cofrentes é unha central nuclear española de xeración eléctrica do tipo BWR-6 situada no concello de Cofrentes, na provincia de Valencia. Está construída na marxe dereita do río Xúcar, do que toma auga para a refrixeración.

Central nuclear de Cofrentes

Entrou en servizo o 14 de outubro de 1984 cunha potencia instalada de 992 MWe. Mediante melloras introducidas conseguiuse ampliar a potencia progresivamente, primeiro ata o 110 % (1092 MWe), e logo ata o 111,85 % actual, o que equivale a 1110 MWe, permitindo abastecer a practicamente todo o consumo doméstico das familias da Comunidade Valenciana.[1][2]

É propiedade ao 100% de Iberdrola.

Notas editar

  1. Central Nuclear de Cofrents Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Iberdrola
  2. [1] Arquivado 28 de xuño de 2012 en Wayback Machine. CSN.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar