Abrir o menú principal

Centenario da primeira guerra mundial

World War I centenary.jpg

O Centenario da Primeira Guerra Mundial é a conmemoración do centenario da Primeira Guerra Mundial que empeza en 2014 e durará ata 2018. Entre os países que están a planear actos conmemorativos oficiais están Australia, Nova Zelandia, Francia, o Reino Unido e Turquía.

Índice

Unión EuropeaEditar

A biblioteca virtual Europeana ten tres proxectos dixitais para conmemorar a Primeira Guerra Mundial en toda Europa. Estes proxectos permitirán acceder libremente a unha serie de materiais en internet.

  • Europeana Collections 1914-1918, que permitirá acceder a 425.000 obxectos (libros, xornais, mapas, diarios de trincheira, panfletos etc) procedentes de bibliotecas europeas.
  • Europeana 1914-1918, que dixitaliza e pon ao dispor público relatos e obxectos desa época recollidos en Europa.
  • EFG1418, a colección de películas e de documentos relacionados coa guerra do European Film Gateway.

AustraliaEditar

En Australia, o aniversario chámase o Centenario das ANZAC. Os comités que están planeando a conmemoración inclúen a Comisión Nacional da Conmemoración do Centenario das ANZAC e o Consello Consultivo do Centenario das ANZAC. O goberno ten un orzamento de 83,5 millóns de dólares australianos para un programa de sete anos que incluirá actos conmemorativos en Australia e no exterior, actividades e recursos educativos e restauracións de galerías e tumbas da guerra.[1]

FranciaEditar

En Francia, o goberno fará unha política de lembranza nacional. Empezou, xa en 2011, coa apertura de Le Musee de la Grande Guerre en Meaux o 11 de novembro, coincidindo co Día do Armisticio.[2][3][4]

Reino UnidoEditar

No Reino Unido, o Imperial War Museum está liderando un programa nacional de actos conmemorativos e está a planear novas galerías para a ocasión. En maio de 2010 o museo empezou admitir colaboración para o Centenario da Primeira Guerra Mundial. As organizacións colaboradoras teñen acceso aos obxectos de colección da Primeira Guerra Mundial, a expertos, a recursos dixitais, a branding e a unha extranet colaborativa.

En novembro de 2011, 330 organizacións nacionais e internacionais fixéronse colaboradoras. O museo tamén vai abrir unha nova exposición permanente sobre a Primeira Guerra Mundial na súa sucursal de Londres, como parte da súa remodelación de 35 millóns de libras.

En novembro de 2011 anunciouse que o primeiro ministro David Cameron nomeou a Andrew Murrison como o seu representante especial para as conmemoracións do Centenario da Primeira Guerra Mundial. O 11 de outubro de 2012, Cameron anunciou unha partida de 50 millóns de libras para financiar as conmemoracións nacionais do Centenario. Os aniversarios da declaración de guerra do Reino Unido a Alemaña, o comezo da batalla do Somme,a batalla de Xutlandiae o armisticio de novembro de 1918 serán sinaladas como conmemoracións nacionais. A remodelación do Imperial War Museum, onde Cameron deu o seu discurso, será apoiada con 5 millóns de libras adicionais. Outros 5,3 millóns de libras financiarán as visitas de alumnos de escolas inglesas a campos de batalla da Fronte Occidental. O Heritage Lottery Fund aportará 15 millóns de libras esterlinas para proxectos comunitarios, liderados por xente nova, para conservar o patrimonio local relacionado coa guerra. Ademais, a conservación do antigo cruceiro lixeiro da Royal Navy HMS Caroline que combateu na batalla de Xutlandia apoiarase con ata 1 000 000 de libras esterlinas.

O Heritage Lottery Fund está proporcionando financiamento a proxectos educativos en campos como historia local, acceso online a museos e arquivos, proxectos xuvenís sobre patrimonio, historia familiar, a conservación de monumentos bélicos e a conservación de artefactos históricos.

A BBC vai dedicar ao centenario arredor de 2.500 horas de televisión, radio e programación por internet durante estes catro anos. A programación incluirá documentais, dramas, música, programas conmemorativos e programas para nenos e escolas.

Nova ZelandiaEditar

Axencias do goberno de Nova Zelandia e outras organizacións están a traballar xuntas para organizar as conmemoracións do centenario, que se identifica como ‘’’WW100’’’. As conmemoracións están dirixidas polo Ministro de Arte, Cultura e Patrimonio, Christopher Finlayson. Unha oficina do programa WW100 foi establecido polo Ministerio de Cultura e Patrimonio, xunto co Ministerio de Asuntos Exteriores e Comercio, a Forza de Defensa de Nova Zelandia e o Departamento de Interior.

As conmemoracións do centenario de Nova Zelandia homenaxearán a aqueles que loitaron, pero tamén contarán as historias daqueles que quedaron na casa. A Lottery Grants Board destina 17 millóns de dólares neozelandeses para conmemorar o Centenario da Primeira Guerra Mundial.

Os principais proxectos do Goberno de Nova Zelandia para o centenario inclúen o desenvolvemento dun Parque Nacional en Memoria da Guerra en Wellington, un centro educativo e de interpretación no National War Memorial, unha serie de novas historias e rutas históricas en Gallipoli e ao longo da Fronte Occidental.

Constituíuse un Comité para o Centenario da Primeira Guerra Mundial, presidido por Brian Roche de Correos de Nova Zelandia. O papel do Comité é defender o Centenario da Primeira Guerra Mundial, atraer patrocinadores ou apoio filantrópico para os proxectos do centenario, coordinarse cos seus órganos equivalentes no estranxeiro, especialmente Australia; e asesorar ao goberno nas conmemoracións do centenario. Anne Salmond, Bob Harvey, Monty Soutar, Matthew Te Pou e Sir Peter Jackson son os outros membros.

Ademais das actividades locais e nacionais, Nova Zelandia tamén participará en actividades conmemorativas internacionais.

TurquíaEditar

As conmemoracións do Día Oficial das ANZAC celebrarase en Gallipoli (Turquía) o 25 de abril de 2015, co gallo do 100º aniversario do desembarco de Gallipoli.

Outros paísesEditar

A cidade de Saraxevo, que foi durante a Primeira Guerra Mundial a capital da provincia austríaca de Bosnia e Hercegovina fixo plans para organizar a conmemoración entre os días 21-28 de xuño de 2014. O evento chámase Saraxevo corazón de Europa.

Organizacións internacionaisEditar

A Cruz Vermella ten un arquivo de rexistros duns vinte millóns de soldados que foron capturados ou soterrados por outros países. Planea pór todos estes documentos on-line para o centenario.

NotasEditar

  1. "Anzac centenary". 15 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2016. Consultado o 15 de marzo de 2016. 
  2. French Embassy page, France preparing to mark First World War centenary.
  3. "France to leave Britain behind with First World War centenary plans". Daily Telegraph. 30 Oct 2011. 
  4. Edward Rothstein (November 11, 2011). "Bringing the War Home". New York Times. 

Véxase taménEditar