Cemiterio de elefantes

obra literaria de Fran Alonso

Cemiterio de elefantes é un conxunto de 9 relatos escritos por Fran Alonso. Publicado por Edicións Xerais en 1994, no ano 2007 xa levaba editadas 6 edicións.

Cemiterio de elefantes
Autor/aFran Alonso
CubertaRamón Vaquero
OrixeGaliza
Linguagalego
Colecciónnarrativa
Xénero(s)relatos
EditorialXerais
Data de pub.1994 (1ª ed.)
Formato14,5 x 22
rústica con lapelas
Páxinas112
ISBNISBN 978-84-9782-625-9
editar datos en Wikidata ]

Argumento editar

A acción ten lugar entre as 12 da noite e as 9 da mañá, ocupando cada un unha hora (aproximadamente). A maioría deles están ambientados en Vigo, agás un que transcorre en Santiago de Compostela.

Os protagonistas e as accións son diversos: unha rapaza que sofre unha violación, unha solicitude dun medicamento nunha farmacia de garda, unha cirurxía maxilar de urxencia, un camareiro tras dunha barra, unha locutora de radio cocainómana, un atentado contra o sepulcro de Castelao no Panteón de Galegos Ilustres, unha discoteca, un insomne adicto aos tranquilizantes, ou un asasinato. Algúns dos relatos están relacionados entre eles, e hai personaxes que participan en varios, como o persoal encargado de recoller o lixo.

Tres dos personaxes secundarios son camioneiros que apareceran na novela Tráiler, do mesmo autor.

Traducións editar

Ao castelán por Iolanda Mato Creo co título de Cementerio de elefantes publicado en 2013 por Pulp books.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar