Cel (セル画 seru-ga?) chamada anime cel, é unha folla semi tansparente usada para o debuxo previo ó proceso de animación. É usado na industria da animación tradicional, onde cada folla representa un fotograma; o seguinte paso no proceso é usar unha táboa de tempos, que indica a posición dun Cel (セル画 seru-ga?) na secuencia animada.[1] O celuloide foi usado durante a primeira metade do século XX, pero debido á súa condición de inflamable, foi substituído por un composto de acetato de celulosa. Co constante crecemento da animación por computadora, o uso de cels foi ós poucos abandonado. Os estudos Disney deixaron de usar cels nos seus debuxos animados en 1990, cando chegou un programa de animación por computadora a substituílos.[2]

Exemplo dun anime cel cun debuxo a lapis.

Técnica editar

 
Ilustración do acomodo de cels para compor unha escena, con dous personaxes debuxados en dous cels superpostos sobre un fondo.

Os personaxes son debuxados nun cel. Unha vez rematado o debuxo, en produción agrégase un fondo estático feito por separado. Isto axuda reducindo o número de veces que unha imaxe debe ser redebuxada e dividir o traballo de forma máis eficiente.[3] Earl Hurd é considerado o inventor desta técnica, cando patentou o proceso no ano 1914.[4]

O debuxo rematado era coloreado por separado a man ou usando técnicas diferentes; os estudos de animación Production I.G até 1999 seguían usando cels para a maioría das súas animacións e pintaban a man os seus traballos; para as liñas e a definición final da escena, dende 1960 úsase o xerografado.[5] Outro importante avance na técnica foi o proceso de foto-transferencia, visto por primeira vez en The Black Cauldron en 1985.[6]

Notas editar

  1. "Animanga Services - Information about cels and animation". 
  2. "The Art of Disney and Sotheby's". ISSN 1041-617X. 
  3. Disney Animation: The Illusion Of Life. Disney Editions. ISBN 078-686070-7. 
  4. "University of Dallas - History of computer graphics and animation". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2017. Consultado o 25 de outubro de 2018. 
  5. "Huitula - Production IG anime production process". 
  6. Film Cartoons: A Guide to 20th Century American Animated Features and Shorts. ISBN (nº).