Cecil Milton Hepworth, nado en Lambeth[1] (Londres) o 19 de marzo de 1874 e finado en Greenford (Middlesex) o 9 de febreiro de 1953 foi un director de cinema e produtor británico. Foi un dos fundadores do cinema británico e continuou realizando filmes ata a década de 1920 nos Walton Studios.

Infotaula de personaCecil Hepworth

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1874 Editar o valor em Wikidata
Lambeth, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte9 de febreiro de 1953 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Greenford, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , guionista , produtor de cinema , director de fotografía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMargaret Hepworth Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0378408 Allocine: 21513 Allmovie: p185241
Musicbrainz: 01918d76-cd3e-42bb-9c4b-27d16a387f32 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en Lambeth, o seu pai Thomas Cradock Hepworth foi un famoso showman da lanterna máxica e escritor. Cecil Hepworth viuse involucrado nas primeiras épocas da industria cinematográfica británica, traballando para Birt Acres e Charles Urban, e escribiu o primeiro libro británico sobre a materia en 1897. Co seu primo Monty Wicks creou a compañía produtora Hepworth and Co. (tamén coñecida como "Hepwix" polo seu logotipo), logo renomeada Hepworth Manufacturing Company (oficialmente: Hepworth Film Manufacturing Company), e despois Hepworth Picture Plays. En 1899 construíron un pequeno estudio en Walton-on-Thames, Hepworth Studios. A compañía producía uns tres filmes cada semana, en ocasións con Hepworth como director.

Rescued by Rover (1905), codirixido con Lewin Fitzhamon e protagonizado por un collie foi un éxito financeiro. Hoxe en día recoñécese como un desenvolvemento importante na gramática fílmica, con tomas combinadas con eficacia para salientar a acción. Hepworth foi un dos primeiros en recoñecer o potencial das estrelas cinematográficas, tanto animais como humanas, con varias personaxes recorrentes nalgúns dos seus filmes.

Arredor de 1910, Hepworth foi o inventor de Vivaphone, sistema pioneiro para engadir son aos filmes. O aparato empregaba discos de fonógrafo para gravar e reproducir o son. Vivaphone foi distribuído no Reino Unidos e tamén nos Estados Unidos e o Canadá.[2][3]

A compañía continuou realizando filmes populares durante a década de 1920, a pesar do estilo cada vez máis anticuado dos filmes de Hepworth. Estimulado polo éxito internacional de Alf's Button (1919), a compañía buscou fondos para investir no desenvolvemento dun grande estudio. Fracasou no intento de lograr o capital necesario e tamén sufriu un revés comercial con Comin' Thro the Rye (1923), e o ano seguinte a compañía caeu na bancarrota. Todos os negativos orixinais en poder de Hepworth foron fundidos para vender a prata e as súas longametraxes consideráronse perdidas durante varias décadas. Porén, atopouse un orixinal en 35mm do seu filme de 1920 Helen of Four Gates nun arquivo de Montreal en 2008.[4]

Filmografía editar

  • 1897: The Egg-Laying Man
  • 1900: The Beggar's Deceit
  • 1900: How It Feels to Be Run Over
  • 1900: Explosion of a Motor Car
  • 1903: Alice in Wonderland
  • 1905: Rescued by Rover
  • 1905: Baby's Toilet
  • 1913: David Copperfield
  • 1915: The Baby on the Barge
  • 1916: Annie Laurie
  • 1919: City of Beautiful Nonsense
  • 1919: Broken in the Wars
  • 1919: The Forest on the Hill
  • 1920: Helen of Four Gates
  • 1921: The Narrow Valley
  • 1921: Tansy
  • 1921: Wild Heather
  • 1923: Comin' Thro the Rye
  • 1923: Mist in the Valley

Notas editar

  1. Cecil Hepworth en Screenonline
  2. John Goodwin (ed.). "Vivaphone". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2014. Consultado o 20 de agosto de 2014. 
  3. silentera.com (ed.). "Hepworth Vivaphone". Consultado o 20 de agosto de 2014. 
  4. The Guardian, ed. (31 de maio de 2010). "Helen of Four Gates to get screening after 80-year hiatus". Consultado o 26 de agosto de 2010. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Came the Dawn, Cecil Hepworth. Londres: Phoenix House, 1951.
  • Raising the Flag: Constructing a National Cinema in Britain, Andrew Higson. Oxford: Clarendon Press, 1995, ISBN 0-19-812369-8. Chapter on Comin' Thro' The Rye: pp. 26–97.

Ligazóns externas editar