Cayo Lara
Cayo Lara Moya, nado en Argamasilla de Alba (Cidade Real) en 1952, é un político español, membro do Partido Comunista de España e coordinador xeral de Izquierda Unida.
Cayo Lara | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 29 de xaneiro de 1952 |
Lugar de nacemento | Argamasilla de Alba |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e labrego |
Na rede | |
![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Agricultor de profesión, foi un dos impulsores do sindicato COAG. Foi alcalde de Argamasilla de Alba entre 1987 e 1999. Dende 2000 é coordinador xeral de IU de Castela-A Mancha. Como tal foi nunha ocasión, en 2007, candidato á presidencia da Xunta de Comunidades, sen obter escano. Destacou na rexión pola súa loita en defensa dunha lei electoral máis democrática e contra a especulación urbanística, en apoio do alcalde de Seseña fronte ao construtor Francisco Hernando, coñecido como El Pocero.
Liderado de Esquerda Unida estatalEditar
Na IX Asemblea Federal de Esquerda Unida, en novembro de 2008, foi candidato a coordinador xeral, avalado polo PCE e outros sectores, obtendo un 43 % dos votos dos delegados e sendo elixido membro do Consello Político Federal. Na xuntanza dese órgano celebrada o 14 de decembro de 2008, foi elixido como o sucesor de Gaspar Llamazares á fronte da organización, cun 55 % dos votos.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Predecesor: Gaspar Llamazares |
Coordinador xeral de IU 2008 - |
Sucesor: no cargo |