Cavidade sigmoide menor do cúbito

A cavidade sigmoide menor é unha superficie articular da epífise proximal do cúbito. Está situada por fóra da apófise coronoide. Artéllase coa cúpula radial, na articulación radiocubital superior. Ten forma cóncava e presta inserción ao ligamento anular do cóbado.

Cavidade sigmoide menor do cúbito
Cavidade sigmoide menor
Latín incisura radialis ulnae
Gray's pág.215

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.