Catuxa Gil Álvarez, nada en Santiago de Compostela en 1980, é unha amazona galega xa retirada.

Modelo:BiografíaCatuxa Gil
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Campioa de España xuvenil en 1999, comezou a participar internacionalmente na Copa do Mundo de Saltos en 2002. Campioa de España en categoría individual en dúas ocasións, o seu mellor posto internacional foi unha décima praza nun campionato de Europa.

É licenciada en administración de empresas e ten un mestrado en xestión deportiva pola Universidade de Sydney. Retirada en 2004, traballou na organización da Copa América de vela de Valencia (2007) e na actualidade[cando?] faino para o Comité Olímpico Español[1].

  1. COExpress, febreiro 2009, p 4-5