Catherine Labouré
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Catherine Labouré, nada en Fain-lès-Moutiers (Borgoña) o 2 de maio de 1806 e finada en París o 31 de decembro de 1876, foi unha relixiosa francesa, nomeada santa pola Igrexa católica, segundo a cal foi testemuña das aparicións da Virxe María na rue du Bac en París. Deu orixe á Medalla Milagrosa levada por moitas persoas católicas na actualidade.
Catherine Labouré | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Catherine Labouré |
Nacemento | 2 de maio de 1806 |
Lugar de nacemento | Fain-lès-Moutiers |
Falecemento | 31 de decembro de 1876 |
Lugar de falecemento | 12.º arrondissement de Paris |
Nacionalidade | Francia |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | religiosa católica e monxa |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi a oitava dos dez fillos do granxeiro Pierre Labouré. A nai morreu cando ela tiña 9 anos. Pierre suxeriulle á súa irmá que coidara os dous nenos máis novos, Catherine e Tonine. Ao ela aceptar, os irmáns marcharon canda súa tía a Sant-Rémy, unha aldea a 9 km do seu fogar.
Catherine ingresou á Congregación das Fillas da Caridade, unha orde de enfermeiras que fundara San Vicente de Paúl. Era extremadamente devota, dunha natureza algo romántica e dada ás visións e premonicións.
Catherine afirmou que na noite do 19 de xullo de 1830, na festa de San Vicente de Paúl, espertou logo de oír unha voz dun neno que a chamaba á capela. Alí, ela oíu a Virxe María dicirlle:
"Deus desexa encargarche unha misión. Non te crerán, pero non temas; ti terás a graza para facer o que é necesario. Dille ó teu director espiritual todo que pasa dentro de ti. Os tempos son malvados en Francia e no mundo."
O 27 de novembro de 1830, Catherine divulgou que a Virxe María volvera durante meditacións da tarde. Aparecera dentro dun marco oval, parada sobre un globo, con moitos aneis de cores de onde saían raios da luz sobre o globo. Arredor deste apareceron as palabras "Oh María, sen pecado concibida, roga por nós que acudimos a ti".