Catenaria (ferrocarril)

liña aérea de alimentación que transmite enerxía eléctrica ás locomotoras

A catenaria é a liña aérea de alimentación que transmite enerxía eléctrica ás locomotoras ou outro material motor ferroviario. O seu nome procede do da curva que forma unha estrutura linear sostida polos extremos e sometida libremente só ó seu peso e orixínase no latín catena, "cadea". Chámase tamén liña aérea de contacto.

Catenaria de Adif en Cataluña

As tensións de alimentación máis comúns van desde 600 V a 3 kV en corrente continua, ou entre 15 e 25 kV en corrente alterna. A maior parte das instalacións funcionan con corrente (continua ou alterna) monofásica, aínda que existen algunhas instalacións trifásicas.