Catedral de Turku

Coordenadas: 60°27′9″N 22°16′42″L / 60.45250, -22.27833

A Catedral de Turku (en finés: Turun tuomiokirkko, e en sueco: Åbo domkyrka) é un templo adicado ao culto luterano situado na cidade de Turku (Finlandia). Foi consagrada o probablemente o 17 de xuño de 1300.

Catedral de Turku

Fachada frontal da Catedral de Turku en 2008.
Tipo Catedral
Localización Turku
Culto Igrexa Evanxélica Luterana de Finlandia
Diocese Turku
Consagración 17 de xuño de 1300
Estilo arquitectónico Gótico, neorrománico, neogótico

Historia

editar

Antecedentes

editar
Véxase tamén: Igrexa de Koroinen.
 
Maqueta da igrexa de Koroinen.

A primeira sé episcopal de Finlandia estaba situada en Nousiainen, onde se construíu unha igrexa de madeira no mesmo lugar que na actualidade ocupa a igrexa de Nousiainen, unha igrexa medieval construída en pedra. Contra o ano 1229 a sé trasladouse a Aurajoki,[1] onde un ano despois se construíu unha igrexa de madeira en Koroinen,[2] a un par de quilómetros da localización actual da catedral.[3]

A construción da catedral

editar

Non se sabe moito das primeiras etapas da catedral de Turku. Probablemente a igrexa foi construída en madeira a finais do século XIII, se ben a data da súa inauguración é incerta. A igrexa puido ter sido consagrada entre 1292 e 1296, o 17 de xuño de 1300 ou a principios do século XIV, posiblemente en 1309.[4]

  1. "Nousiaisten kirkko ja kirkkomaisema" (en finés). Museovirasto. Consultado o 5 de abril de 2023. 
  2. "Koroistenniemi" (en finés). Museovirasto. Consultado o 5 de abril de 2023. 
  3. "1300-luku – Tuomiokirkon synty" (en finés). Turun tuomiokirkko. Consultado o 5 de abril de 2023. 
  4. Hiekkanen 2007, pp. 188–201.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Rinne, Juhani (1941). Turun Tuomiokirkko keskiaikana I Tuomiokirkon rakennushistoria (en finés). Turku: Uuden Auran osakeyhtiön kirjapaino. 
  • Drake, Knut. Åbo domkyrka och byggnadsarkeologin. Kaupunkia pintaa syvemmältä – arkeologisia näkökulmia Turun historiaan (en finés). pp. 135–149. 
  • Hiekkanen, Markus (2007). Suomen keskiajan kivikirkot (en finés). Suomalaisen Kirjallisuuden Seura. ISBN 978-951-746-861-9. 

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.