Catedral de Santa María da Asunción de Pamplona
A Catedral de Santa María da Asunción[1] é un conxunto arquitectónico eclesiástico situado en Pamplona (Navarra), sede da arquidiocese de Pamplona e Tudela.
Catedral de Santa María da Asunción de Pamplona | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | catedral católica, monumento, edificio, museo diocesano e igrexa ![]() | |||
Epónimo | Asunción de María ![]() | |||
Parte de | Camiño de Santiago navarro e Casco Antiguo de Pamplona ![]() | |||
Estilo | arquitectura gótica e arquitectura neoclásica ![]() | |||
Diocese | Arquidiocese de Pamplona e Tudela ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade foral | Navarra | |||
Meiriñado | Meiriñado de Pamplona | |||
Comarca | Cuenca de Pamplona | |||
Concello | Pamplona ![]() | |||
Localización | Nabarreria e Cidade de Pamplona ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1394 ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Dedicado a | Santa María ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 3 de xuño de 1931 | |||
Identificador | RI-51-0000755 | |||
| ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | ? | |||
Identificador | 185 | |||
| ||||
Asset of Cultural Interest (Navarre) (en) ![]() | ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | catedraldepamplona.com ![]() | |||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Características
editarPresenta as edificacións habituais noutras catedrais como igrexa, claustro e sancristías, pero ademais conserva a bodega, refectorio, sala capitular e dormitorio, que son máis propias da vida común á que estaba suxeito o seu cabido e que ao longo dos séculos se foron derrubando noutras catedrais españolas.[2] As estanzas que o configuran foron construídas en distintas épocas e estilos, conservándose hoxe en día algunhas das dependencias románicas, ao predominando sobre todo as edificadas en estilo gótico (entre elas a igrexa e o claustro) dos séculos XIV ao XVI. A fachada oeste, de estilo neoclásico, levantouse a finais do século XVIII.[3]
Destacan neste conxunto de edificios; o claustro, que está considerado unha marabilla da arte gótica europea e dende logo o mellor claustro do século XIV; a cociña, que é un dos tres únicos exemplos sobreviventes de cociña gótica de toda Europa; e por último a fachada principal, unha das obras máis puras e representativas do neoclasicismo na península.[4]
Galería de imaxes
editar-
Interior do templo
-
Bóvedas do cruceiro
-
Fachada sur dende o patio do arquedinado
-
Lateral oeste do claustro
Notas
editar- ↑ Aragonés Estella, Esperanza (1994). La catedral de Pamplona. Caja de Ahorros de Navarra. pp. 133–161. ISBN 978-84-87120-21-3.
- ↑ "Catedral de Pamplona". Importancia relevante do conxunto (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2011. Consultado o 6 de abril de 2011.
- ↑ VV. AA. (1990). Gran enciclopedia navarra. Caja de Ahorros de Navarra. p. 472. ISBN 84-87120-10-5.
- ↑ "Gran Enciclopedia Navarra". Ventura Rodríguez (en castelán). Consultado o 24 de maio de 2011.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catedral de Santa María da Asunción de Pamplona |