Catablefáridos
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
(sen clasif.) Hacrobia
(sen clasif.) Katablepharida

Os catablefáridos (Katablepharida), son un grupo de protistas heterótrofos flaxelados,[1] que foron considerados como pertencentes a Cryptophyta desde que se describiron en 1939. Difiren doutras criptófitas en varios aspectos (aparato da alimentación) e chegou a propoñerse que son alveolados, pero as investigacións realizadas ao comezo do século XXI suxiren que están relacionados coas criptófitas.[2][3] Parécense ás criptófitas na súa forma, orientación flaxelar e presenza de exactisomas, e as análises do seu SSU rDNA e das secuencias da beta-tubulina achéganos máis ás criptófitas ca aos alveolados. Caracterízanse por ter unha vaíña de dúas capas arredor da célula e superficie flaxelar, cristas mitocondriais tubulares, e un aparato de alimentación complexo moi distintivo.

Principais xéneros de catablefáridos editar

En 2009, só foran descritos formalmente cinco xéneros e dez especies. Coñécense ducias de secuencias de ADN (obtidas de augas doces e mariñas) que parecen representar outras especies de catablefáridos aínda non descritas formalmente nin cultivadas.[1] Os xéneros principais son:

  • Hatena. Presenta formas depredadoras e formas con endosimbiontes fotosintéticos, polo que o establecemento da endosimbiose está a medio camiño neste protista.
  • Leucocryptos[4]
  • Katablepharis[4] O xénero Katablepharis, que lle deu nome ao grupo, foi inicialmente ortografado con th (Kathablepharis), pero despois a ortografía mudou. No código botánico ICBN escríbese sen h, e no zoolóxico ICZN con th, pero publicouse en 2009 unha corrección sen hache no código zoolóxico.
  • Roombia[1]
  • Platychilomonas[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Okamoto N, Chantangsi C, Horák A, Leander BS, Keeling PJ. (2009). Stajich, Jason E., ed. "Molecular Phylogeny and Description of the Novel Katablepharid Roombia truncata gen. et sp. nov., and Establishment of the Hacrobia Taxon nov.". PLoS ONE 4 (9): e7080. Bibcode:2009PLoSO...4.7080O. PMC 2741603. PMID 19759916. doi:10.1371/journal.pone.0007080. 
  2. Noriko Okamoto and Isao Inouye (2005). "The Katablepharids are a Distant Sister Group of the Cryptophyta: A Proposal for Katablepharidophyta Divisio Nova/Kathablepharida Phylum Novum Based on SSU rDNA and Beta-Tubulin Phylogeny". Protist 156 (2): 163–79. PMID 16171184. doi:10.1016/j.protis.2004.12.003. 
  3. Reeb, Vc; Peglar, Mt; Yoon, Hs; Bai, Jr; Wu, M; Siu, P; Grafenberg, Jl; Reyes-Prieto, A; Rümmele, Se; Gross, J; Bhattacharya, D (2009). "Interrelationships of chromalveolates within a broadly sampled tree of photosynthetic protists.". Molecular Phylogenetics & Evolution 53 (1): 202–11. ISSN 1055-7903. PMID 19398025. doi:10.1016/j.ympev.2009.04.012. 
  4. 4,0 4,1 Kim, E; Graham, Le (2008). Redfield, Rosemary Jeanne, ed. "EEF2 analysis challenges the monophyly of Archaeplastida and Chromalveolata". PLoS ONE 3 (7): e2621. Bibcode:2008PLoSO...3.2621K. PMC 2440802. PMID 18612431. doi:10.1371/journal.pone.0002621. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2014. Consultado o 06 de maio de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar