Castlevania (serie de televisión)

serie de animación estadounidense estreada en 2017

Castlevania é unha serie de animación estadounidense baseada na franquía xaponesa de videoxogos Castlevania. Está directamente baseada nos títulos Castlevania III: Dracula's Curse e Castlevania: Curse of Darkness de Konami. A serie conta a historia de Trevor Belmont, que defende a nación de Valaquia de Dracula e os seus seguidores.

Castlevania
FormatoDrama
Terror
Fantasía
Acción
Aventuras
Creado porAdi Shankar
Desenvolvido porToshiyuki Hiruma
Maki Terashima
Brad Graeber
Jason Williams
Dirixido por
  • Sam Deats
  • Adam Deats
  • Spencer Wan
Intérpretes
Tema de aperturaTrevor Morris
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas4
Episodios32
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Adi Shankar
Fred Seibert
Ted Biaselli
Kevin Kolde
Larry Tanz
Warren Ellis
Duración22–31 minutos
DistribuidorNetflix
Emisión orixinal
Canle de orixeNetflix
Primeiro episodio7 de xullo de 2017
Derradeiro episodio13 de maio de 2021
Na rede
https://www.netflix.com/title/80095241
IMDB: tt6517102 Filmaffinity: 500190 Allocine: 21719 Rottentomatoes: tv/castlevania Metacritic: tv/castlevania TV.com: shows/castlevania Netlix: 80095241Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A serie foi orixinalmente pensada como un filme, desenvolvido polo produtor Kevin Kolde e a súa compañía Project 51. Kolde tiña un contrato por un guión con Warren Ellis en 2007; o proxecto caeu nunha fase de desenvolvemento até o ano 2015, cando Adi Shankar abordou o proxecto e foi recollido polo servizo de transmisión Netflix. Powerhouse Animation Studios uniuse ó equipo e comezou a produción. O seu estilo artístico está fortemente influenciado polo anime xaponés e a arte de Ayami Kojima en Castlevania: Symphony of the Night,[1] contando no equipo con membros que traballaran na industria do anime xaponés.[2] A serie estreouse a través de Netflix o 7 de xullo de 2017,[3] e renovada para unha segunda tempada expandida ese mesmo día. A segunda tempada estreouse o 26 de outubro de 2018.[4] Unha terceira tempada de dez episodios foi confirmada por Netflix,[5] a cal foi estreada o 5 de marzo de 2020. A serie rematou coa estrea da cuarta tempada o 13 de maio de 2021. Unha nova serie ambientada no mundo de Castlevania está sendo producida por Netflix.

Sinopse editar

Cando a súa muller é queimada nunha foguera logo de ser acusada falsamente de bruxería, o vampiro Conde Vlad Dracula Țepeș declara que tódalas persoas de Valaquia pagarano coas súas vidas. Invoca un exército de demos que invade o país, causando o terror entre a poboación. Para combatelo, o cazador de monstros Trevor Belmont levántase en armas contra as forzas de Dracula, axudado pola maga Sypha Belnades e o fillo de Dracula, o dhampiro Alucard.

Notas editar

  1. Glagowski, Peter (10 de xullo de 2017). "10 years of purgatory wasn't enough to keep Netflix's Castlevania down". Destructoid. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2017. Consultado o 10 de xullo de 2017. 
  2. Narcisse, Evan (2 de agosto de 2017). io9, ed. "The Animation Studio That Made Castlevania Explains Why It Was a Dream Project". Gizmodo. 
  3. Hill, Jacob. "Netflix Quietly Announces Castlevania Series For 2017". CBR.com. Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  4. Petski, Denise (7 de xullo de 2017). "'Castlevania' Animated Series Renewed For Season 2 By Netflix". Deadline Hollywood. 
  5. Pederson, Erik (31 de outubro de 2018). Deadline Hollywood, ed. "‘Castlevania’ Renewed For Season 3 On Netflix". Consultado o 31 de outubro de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar