Castelo de Villafuerte de Esgueva

O Castelo de Villafuerte de Esgueva é unha fortificación do século XV situada na vila de Villafuerte de Esgueva, na provincia de Valladolid.

Castelo de Villafuerte de Esgueva
ben de interese cultural
ConcelloVillafuerte de Esgueva
ProvinciaValladolid
Comunidade
autónoma
Castela e León
Coordenadas41°43′58″N 4°19′27″O / 41.73281944, -4.32427222
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalgótico (século XV)
Estilo actualRestaurado
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

É un castelo señorial acomodado ao estilo doutros da época, como o de Fuensaldaña e o de Torrelobatón. Foi residencia da familia Franco, xudeus conversos provenientes de Toledo, que adquiriron o señorío de Villafuerte.[1] Actualmente é propiedade da Asociación Española de Amigos dos Castelos. Está bastante completo, pero en proceso de restauración. A torre da homenaxe está restaurada e amoblada.

 
Vista traseira do castelo
  1. Diputación de Valladolid. "Villafuerte de Esgueva". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2009. Consultado o 13 de xullo de 2009.