Castelo de Soncino

O Castelo de Soncino, situado en Soncino, na rexión italiana da Lombardía, é un dos castelos típicos da área de Cremona. Erixido a partir do século X, o castelo tivo un papel fundamental na defensa da zona.[1]

Castelo de Soncino
Ben cultural de Italia

A torre circular construída na época de Francisco I Sforza.
Coordenadas45°23′51″N 9°52′18″L / 45.397491, 9.871753Coordenadas: 45°23′51″N 9°52′18″L / 45.397491, 9.871753
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

 
Escudo da familia Sforza situado no interior do castelo.
 
Vista desde o noroeste.

Das orixes ata o século XIV editar

As orixes do castelo remóntanse ao século X cando se fixo o primeiro círculo de paredes arredor dunha primitiva estrutura defensiva para contrarrestar a invasión dos húngaros. No século XIII o castelo foi sitiado en varias ocasións tanto polos milaneses que en 1283 o municipio de Soncino tivo que levantar unha nova fortaleza. En 1259 o líder veneciano Ezzelino III da Romano foi encerrado nos alxubes do castelo, onde morreu. En 1312 o castelo foi ocupado polos cremonteses e en 1391 os milaneses utilizárono na súa guerra contra Venecia.[1]

Construción da fortaleza editar

Cando a Paz de Lodi en 1454 estableceu finalmente a fronteira entre a República de Venecia e o Ducado de Milán, Soncino e o seu castelo pasaron a estar integrados no territorio milanés. Foi neste momento cando Francisco I Sforza ordenou reforzar os muros arredor do castelo e o conxunto da fortaleza.[1]

Desde 1535, o ducado de Milán pasou a ser propiedade de España e con isto tamén o castelo de Soncino.[1]

O traspaso aos nobres editar

No 1536 o emperador Carlos I de España e V de Alemaña, elevou Soncino a marquesado e púxoo baixo o control da familia milanesa dos Stampa que o transformaron nos séculos seguintes nunha residencia, deixando así o seu uso como fortaleza.[1]

No 1876 Massimiliano Stampa, último marques de Soncino, cedeu por testamento o castelo á cidade, a cal en 1883 comezou as tarefas de restauración para devolver ao castelo ao seu pasado esplendor.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Pro Loco Soncino" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2016. Consultado o 19 de abril de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • E. Roddolo, Guida ai castelli d'Italia: origini, architettura e storia, eventi castellani, ospitalità, visita e orari, Piemme, 1996
  • Conti F., Hybsch V. e Vincenti A., I castelli della Lombardia, Novara 1992, v. III p. 76