Castelo de Karlštejn

Castelo gótico fundado por Carlos IV

O Castelo de Karlštejn (en checo: Hrad Karlštejn) é un castelo gótico construído en 1348 por encargo de Carlos IV, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e rei de Bohemia.

Castelo de Karlštejn
monumento nacional da República Checa, Candidato a Patrimonio da Humanidade e monumento cultural da República Checa

Castelo de Karlštejn.
Coordenadas49°56′22″N 14°11′17″L / 49.93955, 14.187933Coordenadas: 49°56′22″N 14°11′17″L / 49.93955, 14.187933
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

A fortaleza, que albergaba os tesouros reais, áchase na localidade de Karlštejn, a 30 quilómetros de Praga, na República Checa, e é un destino turístico moi visitado na República Checa.

Historia editar

 
Vista aérea.

Descoñécese a autoría da obra, aínda que algúns estudosos atribúena a Mathieu de Arras, quen en calquera caso morreu antes de que rematasen as obras. Crese que a dirección das mesmas estivo a cargo do nobre local "Vitus de Bítov", axudado na parte técnica por autores descoñecidos. As obras duraron 17 anos, finalizando en 1365 coa consagración da "Capela da Santa Cruz", situada baixo a torre principal.

En 1421, por mor das guerras husitas, os tesouros reais foron trasladados temporalmente a Nürnberg, regresando tempo despois. En 1480, realizáronse reformas en estilo gótico tardío, e sete anos despois a torre principal sufriu un incendio. A finais do século XVI leváronse a cabo novas reformas, esta vez en estilo renacentista. En 1619, durante a guerra dos Trinta Anos os tesouros reais foron trasladados finalmente a Praga. Un ano despois, en 1620, o castelo pasou a mans de Fernando II de Habsburgo, e en 1648 foi conquistado polos suecos, sendo logo abandonado. En 1755 no momento de fundar a emperatriz María Tareixa a Institución de Damas Nobres do Castelo de Praga, asignou a esta as rendas e bens do señorío de Karlštejn.[1][2] Entre 1887 e 1899, Josef Mocker restáurao con estilo neogótico, ofrecendo o seu aspecto actual.

Notas editar

  1. "BLKÖ:Habsburg, Maria Karolina – Wikisource". Consultado o 8 de enero de 2019. 
  2. Wurzbach. Habsburg und Habsburg-Lothringen: eine biblio-biographisch-genealogische Studie (en alemán). Kaiserl.-Königl. Hof-u.-Staatsdr. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar