Castelo de Henrique II

O Castelo de Henrique II, tamén coñecido como Castelo de Henrique II de Trastámara ou Castelo de Ciudad Rodrigo, é unha fortaleza do século XIV, localizada na cidade salmantina de Ciudad Rodrigo.

Castelo de Henrique II
ben de interese cultural
ConcelloCiudad Rodrigo
ProvinciaSalmantina
Comunidade
autónoma
Castela e León
Coordenadas40°35′47″N 6°32′10″O / 40.596383333333, -6.5362Coordenadas: 40°35′47″N 6°32′10″O / 40.596383333333, -6.5362
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalgótico (século XIV-XV)
Estilo actualRestaurado
editar datos en Wikidata ]

A pesar de que se lle coñece co nome doutro monarca, foi Fernando II de León quen mandou construír o castelo orixinal sobre unha fortificación primitiva da vila. En 1372, foi de novo reconstruído, esta vez por Henrique II de Trastámara, quen contratou o arquitecto zamorano Lope Arias Jenízaro. Nunha placa sobre o arco de entrada ao recinto, figura unha placa conmemorativa da data da súa construción: o 1 de xuño de 1372.

A fortaleza desenvólvese en torno á torre da homenaxe, unha torre cadrada de 17 metros de lado. En torno a esta torre, desenvólvese un muro con dúas pequenas torres cadradas nos seus extremos. A torre da homenaxe conta con dous pisos.

A finais do século XV, durante o reinado de Fernando III, levouse a cabo a construción dunhas murallas urbanas de man do arquitecto galego Juan de Cabrera. Tamén se engadiu un segundo perímetro amurallado oval en torno á cidade, cunha lonxitude total superior aos dous quilómetros.

Dende o 3 de outubro de 1929 é Parador Nacional.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar