Castelo das Ellas

O castelo das Ellas (Castelu das Ellas en lagarteiro) é unha fortaleza situada na localidade homónima do val de Xálima en Estremadura.

Torre da homenaxe

Historia

editar

En novembro de 1302 o rei Fernando IV doou o seu territorio á Orde de Alcántara e quedou baixo a encomenda de Salvaleón [1]. O castelo construíuse durante o século XV e reformouse no XVI. Como sede, dende 1455, dunha das encomendas da Orde de Alcántara logrou unha salientable importancia e no século XVII, durante a guerra con Portugal, foi un enclave estratéxico, porén quedou parcialmente destruído.

Conservación

editar

A partir do século XVIII viviu unha progresiva decadencia e acabou por quedar nun estado de ruína pola falta de conservación. En 2005 o concello, o seu propietario, investiu preto de 80.000 euros na súa consolidación e restauración.

En 1976 o castelo declarouse Monumento Histórico Artístico e atópase so a protección da declaración xenérica do Decreto de 22 de abril de 1949, e máis a Lei 16/1985 sobre o Patrimonio Histórico Español. Do castelo consérvanse as súas dúas torres, unha prismática e outra redonda, e vestixios da muralla, ademais de parte do peche do recinto principal que forma parte das tapias do actual cemiterio, que se sitúa no que era o recinto interior do castelo. Parte das pezas labradas do catelo utilizáronse para enmarcar as sepulturas[2].

  1. Riobó Sanluís, Benxamín e Sartal Lorenzo, Miguel Anxo (2004). Fala e cultura d'Os tres lugaris. Toxosoutos. p. 52. 
  2. "Resolución de 18 de junio de 2021, de la Consejería de Cultura, Turismo y Deportes, por la que se incoa expediente para dar nueva configuración al bien de interés cultural "Castillo de Eljas", de la localidad de Eljas (Cáceres), con categoría de monumento". Boletín Oficial del Estado (289). 3 de decembro de 2021.