Castelán santandereano

Variedade do castelán falado en Colombia e Venezuela

O castelán santandereano (nome que recibe en Colombia) tamén coñecido como tachirense ou castelán gocho (nomes que recibe en Venezuela), é o dialecto ou xeolecto do castelán falado entre a rexión dos Santanderes, situada no nordeste de Colombia, e no Estado Táchira e gran parte da rexión dos Andes, no oeste de Venezuela.

Dialectos do castelán en Colombia. O santandereano aparece en azul claro.

Orixe editar

O castelán santandereano forma parte da influencia sociocultural histórica de europeos e indíxenas na rexión; principalmente de españois (na súa maioría orixinarios do norte e centro de España, que habitaron o territorio durante séculos).[1][2] Os pobos indíxenas da rexión, como os guanes, os yariguís, os agataes, os chitareros, os chipataes, os laches e os yukpa, tamén definiron a maneira de falar, o carácter xenérico e a idiosincrasia do pobo santandereano.

Notas editar

  1. "Los inmigrantes en Santander (I)". Vanguardia. 3 de abril de 2012. Consultado o 2 de decembro de 2020. 
  2. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de abril de 2015. Consultado o 20 de abril de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar