Castañeda
Castañeda é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita polo norte con Piélagos e Villaescusa, polo oeste con Puente Viesgo, polo sur con Santiurde de Toranzo e polo leste con Santa María de Cayón.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.160 (2023) (164,67 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 19,19 km² | ||||
Altitude | 66 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Santiago Mantecón Laso | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39660 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 39019 | ||||
Sitio web | aytocastaneda.com |
O municipio está situado na cunca do río Pas, na comarca do Pas-Miera. Por Castañeda discorre o río Pisueña.
Localidades
editar- La Cueva
- Pomaluengo (Capital)
- Socobio
- Villabáñez
Economía
editarTradicionalmente, as actividades económicas do municipio foron as do sector primario: agricultura e gandaría, pero grazas ás industrias próximas e ao turismo, a actividade despregouse cara aos sectores secundario e de servizos.
Historia
editarDesde a Idade Media, cando Henrique II de Castela entregou estas terras en señorío a seu irmán o infante Tello de Castela, e Xoán II de Castela as instituíu en condado, Castañeda estivo vinculada durante a baixa Idade Media e todo o Antigo Réxime á casa dos Marqueses de Aguilar de Campoo cuxos primoxénitos ostentaron tradicionalmente o título de condes de Castañeda.
Patrimonio
editarDestaca a Colexiata da Santa Cruz, en Socobio, ben de interese cultural con categoría de monumento. Ademais, é ben inventariado o muíño El Carabío, en Pomaluengo. Outras obras arquitectónicas destacadas son o Palacio da Gándara, da Idade Moderna, o Palacio de Larrinaga, dos anos 30 do século XX (Casa do Concello), a ermida de San Fernando no barrio de Colsa, con frescos do século XVI e a Torre do Reloxo en Pomaluengo, antigas escolas.
Demografía
editar1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2007 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1.112 | 1.127 | 1.323 | 1.417 | 1.566 | 1.496 | 1.668 | 1.635 | 1.616 | 1.604 | 1.423 | 1.770 |
Fonte: INE
Administración
editarAs seguintes táboas mostran os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007.
|
|
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castañeda |
- Castañeda - Cantabria 102 Municipios