O Castañazo Rock é un festival musical, principalmente de rock galego e en galego, que se celebra en Chantada en datas próximas ao magosto.

Historia editar

A súa primeira edición celebrouse en 1994 baixo o nome de Festa Xoven[1], aínda que axiña adoptaría o nome que aínda se mantén hoxe. Naquel primeiro concerto participaron Heredeiros da Crus, Skornabois, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Os Papaqueixos, Os Tabernícolas, Os Impresentables e Os Bochechiñas. Ao seu remate as distintas bandas asinaron o Manifesto de Viana.

O festival deixará de celebrarse a partir da súa cuarta edición, no 1997, por causas como o escaso apoio institucional por parte do Concello de Chantada, desde onde se lle chegou a cualificar de "música blasfema"[1].

No 2007 a Asociación Cultural O Castañazo recupera a súa organización co V Castañazo Rock, que a partir do ano 2013 eliminará a numeración romana do nome.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "El primer Castañazo Rock se celebró en Chantada en el otoño de 1994". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de outubro de 2004. Consultado o 2020-04-04.