Cassinogilum foi un castelo carolinxio de Carlomagno e Lois o Piadoso. Aquí naceu este no 778 segundo din O Astrónomo e Exinhardo, que aseguran que foi residencia habitual do rei en Aquitania.

Durante séculos os historiadores dividíronse sobre a súa localización. Os lugares mais probábeis son: Casseneuil (no Lot e Garona), Casseuil na beira do Garona preto de La Réole, na unión do Garona e o Dropt, e Chasseneuil (preto de Poitiers). Moitos historiadores téñense decantado por este último pero a día de hoxe, cos datos coñecidos, podería ser calquera deles.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Le palais carolingien de Cassinogilum, por Camille Jullian, en Google Books