Caso Verein KlimaSeniorinnen Schweiz e outros contra Suíza

Verein KlimaSeniorinnen Schweiz v. Suíza (2024) foi un caso histórico do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos[1] no que o tribunal ditaminou que Suíza violou o Convenio Europeo de Dereitos Humanos ao non abordar adecuadamente o cambio climático. É o primeiro litixio sobre cambio climático no que un tribunal internacional ditaminou que a inacción do Estado viola os dereitos humanos.[2]

O caso foi promovido pola asociación KlimaSeniorinnen Schweiz (Anciás polo Clima),[3] un grupo de mulleres maiores de Suíza, formado inicialmente por un grupo de 40 persoas en 2016 e que en abril de 2024 contaba con máis de 2.500 membros. A formación do grupo desencadeouse pola preocupación de que o Goberno suízo non estaba a tomar medidas suficientes para cumprir os obxectivos de cambio climático da Lei de CO2, o que conduciría a temperaturas máis cálidas e ameazaría a súa saúde, en particular para os seus membros maiores de 75 anos.[4] A finais de 2016 empezaron a solicitar demandas ao Consello Federal e, co respaldo xurídico de Greenpeace, presentaron demandas contra o Goberno polo seu inacción.[5] A demanda foi desestimada por varios tribunais suízos, incluído o Tribunal Supremo Federal en 2020, que ditaminou que os dereitos das mulleres non se vían afectados e que debían emprender accións políticas.[6]

  1. Kwai, Isabella; Bubola, Emma (9 de abril de 2024). "In Landmark Climate Ruling, European Court Faults Switzerland". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 9 de abril de 2024. Consultado o 9 de abril de 2024. 
  2. "European court rules Switzerland on climate inaction violated human rights". Washington Post. 9 de abril de 2024. Consultado o 26 de xuño de 2024. 
  3. Diario, Nós (2024-04-13). "Anciás polo clima". Nós Diario. Consultado o 2024-06-26. 
  4. Kwai, Isabella (6 de agosgo de 2023). "Heat Waves Are Killing Older Women. Are They Also Violating Their Rights?". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 9 de abril de 2024. Consultado o 9 de abril de 2024. 
  5. "KlimaSeniorinnen: Meet the older women suing Switzerland to demand climate action". Reuters. 9 de abril de 2024. Consultado o 9 de abril de 2024. 
  6. Osborne, Margaret (8 de agosto de 2023). "Swiss Seniors Are Suing Over Climate Change's Threat to Their Health". Smithsonian Magazine. Arquivado dende o orixinal o 9 de abril de 2024. Consultado o 9 de abril de 2024.