Caso Fritzl

caso criminal

O caso Fritzl foi un escándolo dos medios que saltou á opinión pública en abril de 2008 cando unha muller de 42 anos, Elisabeth Fritzl (nada o 6 de abril de 1966), declarou á policía na cidade de Amstetten, en Austria que estivera presa durante 24 anos nunha parte oculta do soto da casa familiar do seu pai, Josef Fritzl (nado o 9 de abril de 1935), e que fora sometida a múltiples abusos sexuais e violacións durante o seu cativerio. Elisabeth explicou que o seu levaba abusando dela dende os 11 anos de idade. A relación incestuosa forzada polo seu pai resultou no nacemento de sete fillos e un aborto involuntario.

Tres dos nenos viviron retidos coa súa nai durante toda a súa vida: Kerstin, de 19 anos, e os seus fillos Stefan, 18, e Felix, 5. Un neno, de nome Michael, morreu por mor de problemas respiratorios tres días despois do nacemento, todos eles privados de asistencia médica; o seu corpo foi cremado no forno da casa por Josef Fritzl.

Os outros tres nenos foron criados por Fritzl e a súa esposa Rosemarie fóra do soto. Josef obrigou á súa filla a escribir notas onde dicía que non podía coidalos e que llos deixaba ós seus pais. Fritzl deseñara a aparición destes nenos expósitos descubertos fóra da súa casa: Lisa de nove meses en 1993, Monika en dez meses en 1994 e Alexander ós 15 meses en 1997.

Josef Fritzl xa estivera en prisión cinco anos por unha violación nos anos sesenta. Era coñecido polas súas viaxes a Tailandia.

Historia do caso editar

 
Hospital de Amstetten, onde Kerstin Fritz recibiu asistencia, con 19 anos, por atoparse enferma. A partir dese intre desvelouse todo o caso.

Crese que Josef Fritzl comezou a abusar da súa propia filla Elisabeth en 1977, mais non a encerrou no soto da casa da familia até o 24 de agosto de 1984. En setembro de 1984 apareceu unha carta manuscrita de Elisabeth, na cal explicaba ós seus pais que deixasen de buscala. Entre 1988 e 1989 naceu a súa filla Kerstin, a súa primeira filla. O seu segundo fillo, Stefan, naceu un ano despois. En maio de 1993, atopouse un neno no portal da casa da familia, a carón do cal apareceu unha nota de Elisabeth na que pedía que coidasen do neno, e en decembro de 1994 naceu outro bebé, Monika. Os pais de Elisabeth fixéronse cargo dos nenos. En maio de 1996, Elisabeth deu a luz xemelgos, un dos cales morreu ós tres días de nacer. Josef Fritzl confesou ter incinerado o corpo na casa. Cando a filla máis vella, Kerstin, se puxo gravemente enferma, Josef accedeu ás peticións de Elisabeth para levala a un hospital, provocando unha serie de acontecementos que conducirían ó descubrimento dos feitos.

Josef Fritzl foi detido o 26 de abril de 2008, con 73 anos, baixo sospeita de delitos graves contra os membros da familia e foi a xuízo en Sankt Pölten, Austria o 16 de marzo de 2009.[1][2] Nun comezo, declarouse culpable de catro dos seis cargos ós que se enfrontaba, é dicir, o incesto, a violación, a coacción e o secuestro, pero negou os outros dous cargos de asasinato de Michael e o de escravitude.[3][4] Ó terceiro día do xuízo, declarouse culpable dos seis cargos.[5] O 19 de marzo, o cuarto día do xuízo, Josef Fritzl foi condenado por tódolos cargos a cadea perpetua.[6]

Notas editar

  1. BBC News, ed. (30 de abril de 2008). "Timeline: Austrian cellar case". Consultado o 6 de maio de 2008. 
  2. News.co.uk, ed. (22 de xaneiro de 2009). "Josef Fritzl trial date set for March". 
  3. Connolly, Kate (13 de novembro de 2008). guardian.co.uk, ed. "Josef Fritzl faces murder, rape and slavery charges". Consultado o 11 de marzo de 2009. 
  4. Connolly, Kate (16 de novembro de 2008). guardian.co.uk, ed. "Austrian cellar trial: Josef Fritzl pleads guilty to rape of daughter". Consultado o 16 de marzo de 2009. 
  5. Associated Press, ed. (18 de marzo de 2008). "Austrian cellar trial: Fritzl pleads guilty to all charges in incest case". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2009. Consultado o 18 de marzo de 2009. 
  6. Fritzl jailed for life in dungeon incest case, CNN, 19 de marzo de 2009

Véxase tamén editar

Outros artigos editar