Casino Atlántico

Coordenadas: 43°22′06″N 08°24′03″O / 43.36833, -8.40083

Casino Atlántico, xunto ao Kiosco Alfonso.

O Casino Atlántico da Coruña é un dos 2 casinos existentes en Galicia, pertencente á cadea de locais de xogo do Grupo Comar. Situado nos Xardíns de Méndez Núñez, ocupa boa parte da planta baixa do Hotel Atlántico.

CaracterísticasEditar

No casino pódese atopar un restaurante, unha gran sala de xogo con bar, con 8 mesas de blackjack, 6 mesas de ruleta americana, 4 mesas de ruleta francesa, 1 mesa de bacarat e varias mesas de póker nas que se levan a cabo periodicamente eventos e torneos. Noutra gran sala do casino hai unhas 60 máquinas de azar.

No casino lévanse a cabo 2 ligas simultáneas de póker, unha liga local chamada Liga Atlántico e outra a nivel nacional chamada Liga Comar.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar