Casandrea (en grego antigo Κασσάνδρεια, Kassándreia) é unha das cidades máis importantes do antigo Reino de Macedonia, fundada polo diádoco Casandro en -316 mediante sinecismo no lugar da antiga cidade grega de Potidea na Calcídica.

Localización de Casandrea/Potidea

O territorio da cidade abranguía as rexións veciñas de Olinto e de Meciberna ao nordeste, Botidea ao noroeste, e a península de Palene ao sur.

A finais da república, estableceuse alí unha colonia romana sobre o -43 so orde de Bruto polo procónsul Quinto Hortensio Hortato. Debeu haber unha segunda fundación romana na época do Principado, pois o nome oficial da colonia era daquela Colonia Iulia Augusta Cassandrensis.

A colonia gozaba do ius Italicum. Aparece mencionada en Plinio o Vello (IV, 36) e nas inscricións.

O asentamento, que nunca foi escavado, atópase actualmente na localidade de Nea Potidaia (Nova Potidea), no territorio do municipio de Moudaniá.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • F. Papazoglou, Les Villes de Macédoine à l'époque romaine, Supplément du BCH 16, Athènes, 1988 ;
  • D. Samsaris, La Colonie romaine de Cassandréa en Macédoine. Colonia Iulia Augusta Cassandrensis. Dodone 16(1), 1987, 353-437.